
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presentou esta mañá o Festival IKFEM, centrado na música relacionada cos instrumentos de teclado, e que celebra a súa 12ª edición do 17 ao 21 de xullo en Tui e Valença do Minho co apoio da Xunta de Galicia. O evento transfronteirizo, que une o talento artístico da península, contará con actuacións en enclaves de especial interese patrimonial como a Igrexa de Santo Domingo de Tui.
Tal e como explicou o titular de Cultura da Xunta, nesta edición o certame ofrecerá concertos únicos como os protagonizados polo cantautor Salvador Sobral xunto co pianista Marco Mezquida ou a soprano María Hinojosa co galego Daniel Pereira ao teclado. Neste senso, José López Campos, enxalzou a oportunidade tan especial que ofrece o festival unindo artistas do mundo hispano, galego e lusófono, que raras veces se poden conectar. Ademais, dixo, é un evento que reforza os lazos entre Galicia e Portugal e enriquece unha oferta cultural de calidade aos dous lados do Miño.
O representante do Goberno galego tamén destacou a singularidade dos espazos, dando conta dos lugares históricos onde se organiza a programación e da peculiaridade de converter a ponte internacional que une Tui e Valença en escenario de varias das propostas.
Música e promoción doutras disciplinas artísticas
Rock sinfónico, jazz, música contemporánea e clásica protagonizan o programa desta edición, con actuacións como a do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e o organista galego Adrián Regueiro; a unión dos pianistas Chano Domínguez e Mário Laginha; ou un concerto da Orquestra Sinfónica Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
O evento complétase con actividades como son os diálogos con artistas e axentes sociais e distintos obradoiros, ademais dunha mostra que pon en valor o talento luso e español cunha selección sobre distintas disciplinas como o teatro, a danza, a literatura, a artesanía e mesmo a enogastronomía.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.