O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe no Museo de Belas Artes da Coruña a exposición Doazóns 2015-2023, na que se amosan 100 obras de artistas galegos do século XX excepto dúas do século XVII provenientes de 16 particulares que doaron nestes últimos oito anos pezas de importantes creadores, como Sotomayor, Laxeiro, Elena Gago, María del Carmen Corredoira ou Xaime Quesada, entre outros.
No acto de inauguración, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude cualificou de xustiza esta mostra como recoñecemento da tremenda xenerosidade que estes particulares teñen demostrado con estas importantes doazóns de pinturas, debuxos, gravados, esculturas e arte decorativa a este centro que forma parte da rede museística da Xunta de Galicia.
Tal e como explicou Anxo M. Lorenzo, esta mostra que poderá verse no Museo de Belas Artes da Coruña ata o 30 de setembro está pensada como unha continuación ou ampliación da exposición Doazón Tomás Barros, inaugurada o pasado 2 de maio.
Enriquecemento do patrimonio artístico de Galicia
Neste senso, salientou que ambas as dúas evidencian a sensibilidade e compromiso social das persoas propietarias, das que gabou o seu altruísmo. Así, puxo en valor que coas súas doazóns non só teñen permitido impulsar as coleccións do Museo de Belas Artes da Coruña, senón o enriquecemento do patrimonio artístico de Galicia.
Entre os artistas representados en Doazóns 2015-2023 atópanse autores como Joaquín Vaamonte, Sotomayor, Manuel Abelenda, Lago Rivera, Laxeiro, Antonio Tenreiro, Sucasas, Úbeda, Lodeiro, Lugrís Vadillo, Elena Gago, María del Carmen Corredoira, Blanca López, Xaime Quesada ou Francisco Lloréns entre outros.
O director xeral de Cultura fixo fincapé en que se trata de autores galegos do século XX recoñecidos artisticamente, tanto no panorama galego como nacional, con obras que abranguen desde os anos 40 do século pasado, con gran presenza de obras dos anos 80 e 90, ata os inicios do século XXI.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.