Noticias

A Colección Fernández del Riego está presente con dúas obras na exposición Os artistas de Ánxel Casal

A mostra pode visitarse no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela do 20 de outubro ao 11 de decembro

A Colección Fernández del Riego, ubicada na Casa Galega da Cultura, contribuirá co préstamo de dúas obras á mostra “Os artistas de Ánxel Casal”, que dende o 20 de outubro e hasta o 11 de decembro poderá visitarse no Auditorio de Galicia de Santiago de Compotela.

En concreto, as obras prestadas son “Retrato de Francisco Fernández del Riego” de Luis Seoane, e “Retrato de Castelao” de Carlos Maside, que forman parte da doazón que Francisco Fernández del Riego fixo ao Concello de Vigo no ano 1995 e que se albergan no Museo que leva o seu nome na Casa Galega da Cultura de Vigo.

A primeira das obras, é un retrato de Francisco Fernández del Riego datado en 1933 no que éste tiña tiña 18 anos e Seoane un ano máis. Ámbolos dous, grandes amigos, cursaban os seus estudos universitarios en Santiago. Naquela época Seoane xa manisfestaba a súa vocación artística, debuxando a cotío e incluso apoiándose nas mesas de mármore do café santiagués onde tiñan lugar as súas habituais tertulias. No debuxo pódese observar a dedicatoria manuscrita do autor.
En canto ao retrato de Castelao, (de 34 x 27 centímetros) foi realizado por Carlos Maside no ano 1932. O autor, pintor de óleos, tiña unha grande afeción ao gravado en madeira (xilografía), onde acadou unha significación especial, como é boa mostra este “Castelao”. O artista Manuel Colmeiro o calificou moitas veces coma o mellor gravador en madeira.

Pola súa banda a exposición “Os artistas de Ánxel Casal”, comisariada por Enrique Acuña, englóbase dentro das actividades programadas con motivo da declaración do ano 2005 “Ano de Ánxel Casal” polo Concello de Santiago de Compostela,
Este proxecto mostrará, nunha sección central, os libros editados por Ánxel Casal que serán expostos con tratamento de obra de arte independente. A Biblioteca Penzol contribúe nesta sección con 45 pezas de gran valor e nalgúns casos únicas (libros impresos, publicacións periódicas, follas soltas impresas, catálogos editoriais e carteis impresos).

A liña argumental da mostra complétase cunha sección introductoria con referenzas gráficas e cinematográficas aos artistas que traballaron para a imprenta Nós, como Castelao, Seoane, Maside e Colmeiro, entre outros.
O Museo Francisco Fernández del Riego, con sede na primeira planta da Casa Galega da Cultura, foi inaugurado en decembro de 1997, tras a aprobación, o 30 de xaneiro de 1995, do convenio de doazón de Francisco Fernández del Riego da súa biblioteca e obras de arte á cidade de Vigo.

Esta colección de arte constitúe unha mostra de gran valor e resulta unha viaxe pola plástica galega do século XX. Integran a colección pictórica, fundamentalmente, artistas contemporáneos de Del Riego: Laxeiro, Maside, Castelao, Julia Minguillón, Virxilio Blanco, Díaz Pardo, Sevillano, Prego de Oliver, Colmeiro ou Seoane.


As obras máis antigas corresponden a finais do século XIX, como os tres debuxos orixinais do pintor Ovidio Murguía, fillo de Rosalía de Castro e membro da Xeración Doente. Entre as máis recentes, hai cadros de artistas como Din Matamoro ou Alex Vázquez.

Tamén se poden atopar na colección obras dos escultores Failde Gago, Elena Colmeiroe Paco Pestana. Outros elementos, como as primeiras edicións dos seus libros, recordos ou galardóns, ilustran sobre a traxectoria exemplar do doador ó servicio de Galicia.

Así, en total, a colección está formada por 35 pinturas, 30 debuxos, 13 gravados, 13 fotografías e 15 esculturas. Ademáis están expostas 116 pezas: obxectos persoais e singulares, placas, condecoracións e medallas.

Maila que esta colección posúe por si mesma un gran valor artístico, engádeselle a este mérito a estreita vinculación das obras coa traxectoria persoal e intelectual de Fernández del Riego.

R., 2005-09-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES