
Os traballos impulsados pola Xunta de Galicia na Catedral de Santiago e feitos en colaboración coa Fundación Catedral sacaron á luz unha ventá románica na capela do Salvador. Así o comprobou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, nunha visita co arcebispo José Prieto e o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, ás obras de restauración que se están levando a cabo tanto neste espazo como na capela de San Bartolomé.
Tal e como explicaron os técnicos na visita, a ventá románica atopábase detrás do retablo e quedou accesible tras a súa desmontaxe no proceso de restauración. Ademais, as actuacións que se están levando a cabo nestes espazos, incluídas no convenio de colaboración coa Fundación Catedral, están permitindo recuperar as pinturas murais e os relevos pétreos e supoñen, no seu conxunto, un investimento de 250.000 .
Neste senso, o responsable autonómico de Cultura puxo en valor a importancia da colaboración con entidades como a Fundación Catedral para levar a cabo actuacións tan complexas como estas que garanten que un dos maiores tesouros de todos os galegos sexa legado as vindeiras xeracións nas mellores condicións ademais de ampliar o coñecemento que temos sobre este monumento.
Nesta mesma liña, o conselleiro lembrou o firme compromiso que o Goberno galego mantén desde o ano 2009 coa conservación desta basílica na que, co apoio da Xunta de Galicia, leváronse a cabo distintas intervencións nas fachadas, torres ou cubertas. Trátase dun compromiso que, tal e como salientou, continúa vixente co Plan Catedrais de Galicia, a folla de ruta dotada con 38 M para actuar nos grandes templos galegos co horizonte de 2027.
No marco deste plan, ademais das intervencións que están en marcha nas capelas absidais do Salvador e San Bartolomé, tamén está previsto destinar, este 2024, 350.000 para a posta en valor da capela do Cristo de Burgos, intervencións que abranguen a fachada ao patio de Xelmírez e o proxecto de restauración do interior da capela.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.