
No marco desta programación, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu ao acto académico da Universidade de Santiago de Compostela en honra da escritora coruñesa, no se presentou o libro Escribir para quen. Relecturas posíbeis de Luísa Villalta e se pronunciou a conferencia As feridas no ar. Sobre a figura poliédrica de Luísa Villalta, a cargo de María Xesús Nogueira Pereira, profesora do departamento de Literatura galega, e de Montserrat Pena Presas, docente do Departamento de Didácticas Aplicadas da Facultade de Ciencias da Educación.
Actos institucionais dos 17 de maio na cidade da homenaxeada
A Coruña será o epicentro da celebración mañá do Día das Letras Galegas, por ser a cidade berce da homenaxeada e estar moi presente na súa obra. Un dos actos institucionais principais, ademais do pleno extraordinario de la Real Academia Galega, é a inauguración na Casa do Concello da exposición A música das palabras, que a Xunta realiza en colaboración coa editorial Galaxia, na que se repasa a traxectoria biográfica e profesional da polifacética escritora.
Nela percórrese a súa ruta vital, co fin de axudar a comprender quen foi, que nos deixou e que implica a súa figura no panorama contemporáneo cultural de Galicia. O proxecto componse de 14 paneis compostos por textos, concisos e divulgativos, e cunha ampla información visual. O obxectivo é reflectir a súa traxectoria vital, intelectual e profesional, con dous deles especialmente referido á súa relación coa Coruña, a súa Cidade Alta, con versos dos seus poemarios e fotografías de Xurxo Lobato.
Tras a inauguración será o momento do grande acto institucional aberto ao público que se celebrará ás 11,00 horas no Teatro Colón da Coruña e contará coa participación e intervención dos máximos representantes do Goberno galego, da Real Academia Galega e do Concello da Coruña, ademais de que tamén intervirá nesta cerimonia un membro da familia de Luísa Villalta. Sumaranse a esta celebración aberta á sociedade e que contará con diferentes actuacións musicais autoridades e membros de colectivos e asociacións e entidades vencelladas aos eidos culturais e socieconómicos de Galicia.
Foto: Wikipedia
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.