
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, entregou hoxe o premio Clubs de Lectura 2024 á escritora Arantza Portabales, que acada este galardón por ser a autora galega máis lida nas bibliotecas escolares durante o curso. Soubo xuntar nas súas obras calidade, talento e singularidade, algo que conquistou aos mozos lectores, afirmou o conselleiro, que estivo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández.
A entrega deste premio enmárcase na XVI Xornada de Clubs de Lectura, que congregou a máis de 400 coordinadores destes espazos educativos co obxectivo de compartir experiencias e afondar en novas accións sobre o libro e a lectura. As bibliotecas escolares e os Clubs de Lectura son lugares de coñecemento, de innovación e de creatividade, algo que redunda nunha boa formación académica e persoal do alumnado, destacou Román Rodríguez sobre o papel fundamental que xogan estes espazos.
De feito Galicia é unha das mellores comunidades autónomas en competencia lectora segundo o último informe PISA, con 485 puntos, 11 e 9 máis que a media de España e da OCDE. As bibliotecas escolares galegas destacan pola calidade dos espazos de aprendizaxe, polas as actividades relacionadas co tratamento da información e competencias dixitais ou pola formación en diversidade e igualdade.
Os recursos educativos
Os Clubs de Lectura son unha proposta fundamental para o desenvolvemento persoal e colectivo da mocidade galega, dixo o representante da Xunta de Galicia sobre este programa no que participan uns 450 centros. A través desta iniciativa, búscase fomentar hábitos de lectura entre os participantes e contribuír á creación dun ambiente proclive á experiencia lectora entre os distintos sectores da comunidade educativa.
Este programa, xunto co Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), Biblioteca Creativa, Radio na Biblio, Lectura e familias, Bibliotecas Escolares Solidarias e outras accións, enmárcase no Plan LÍA (Lectura, Información, Aprendizaxe), a folla de ruta da Consellería de Educación neste campo. Este curso destináronse máis de 2,3M ás diferentes accións en materia de bibliotecas escolares incluídas no Plan, co fin de fomentar as competencias lectoras do alumnado.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.