
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do alcalde da Veiga, Juan Anta, e do director da Área de Cultura e Deporte da Deputación de Ourense, Marcos Vázquez, presentou esta mañá na Delegación Territorial o festival AlMajisti, que se desenvolverá os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega.
Trátase explicou o delegado territorial- dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome AlMajisti é o topónimo árabe traducido como o máis grande , o grande tratado e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso, -sinalou Manuel Pardo- que o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.
O festival está dirixido aos amantes da astronomía, aos afeccionados da novela histórica, aos seguidores da música folk galega e ao publico en xeral que terán a oportunidade de coñecer aos autores dos libros que se distribuirán, e terán -sinalou do delegado territorial- a posibilidade de pasar unha fin de semana enriquecedora e divertida nun dos pobos máis bonitos da provincia de Ourense.
Programa
O 17 de maio será o día do Mare Nostrum á Mar Océana. Está dedicado a Ptolomeo, á navegación astronómica e a Cristobal Colón e outros descubridores.
O 18 de maio será o día do Mare Nubium: Alphonsus. Será o día de Afonso X O Sabio e de Violante de Aragón.
E o 19 de maio e 2024 será o día do Finis Terrae : Gallaecia. Día dedicado a Galicia, onde se abordarán as figuras de Cristobal Colón galego e Afonso X e Ourense .
Nos encontros literarios, os autores asinarán as súas obras que serán distribuídas aos asistentes. Como actividades paralelas están previstas as actuacións musicais de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre Coanhadeira.
As observacións astronómicas correrán a cargo de Óscar Blanco Varela, director do CAT (Centro Astronómico de Trevinca)
Este evento contará co respaldo de institucións como o Real Observatorio da Armada, o Museo Casa-Colón de Valladolid, a Fundación Starlight, o Planetario de Pamplona ou o Consello da Cultura Galega.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.