
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na presentación da nova base de datos Fontes Textuais da Galicia Medieval (FONTEGAM), unha nova ferramenta en liña impulsada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades en colaboración co Instituto da Lingua Galega. Trátase dun recurso innovador que unifica nun mesmo espazo as linguas usadas na escrita da Galicia medieval, unha etapa da nosa historia na que ambas as institucións son un referente, destacou o representante da Xunta.
En FONTEGAM, xa aberto ao público para consulta libre, converxen textos latinos e romances. Os primeiros son achega do Corpus Documentale Latinum Gallaeciae (CODOLGA), proxecto desenvolvido tamén desde o Ramón Piñeiro, dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades; mentres que os materiais romances son a contribución do Corpus Galego-Portugués Antigo (CGPA), impulsado desde o Instituto da Lingua Galega, centro de investigación da Universidade de Santiago de Compostela.
No acto de presentación, que tivo lugar no compostelán Pazo de san Roque, tamén participaron a directora do Instituto da Lingua Galega, Elisa Fernández Rei; o director do proxecto CODOLGA, Xosé Carracedo, e o director do Corpus Galego-Portugués Antigo, Xavier Varela.
Máis de 20.000 textos documentais dispoñibles
Precisamente o CODOLGA, que actualiza cada ano a súa aplicación informática coa incorporación de novos materiais, chega este 2024 á súa versión número 20 coa incorporación de 640 novos documentos procedentes, fundamentalmente, do Mosteiro de Santa María de Sobrado.
Isto supón que a base de datos do Centro Ramón Piñeiro ten dispoñibles a día de hoxe 20.320 textos documentais relacionados coa Gallaecia dos séculos VI ata o XV, para consulta libre e aproveitamento por parte de todo o público interesado na Galicia da Idade Media nos ámbitos da lingüística, da literatura, da cultura, da socioloxía ou da historia en xeral.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.