Noticias

A Rede galega de acollemento a vítimas da violencia de xénero contará cun novo centro para atender mulleres con adiccións

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, anunciou hoxe o reforzo con 3,6 millóns de euros da Rede galega de acollemento a vítimas de violencia de xénero que irán destinados a mellorar as dez casas de acollida ou vivendas tuteladas repartidas por toda a Comunidade, á vez que para crear un novo centro no Porriño, que estará especializado en atender aquelas vítimas con algún trastorno aditivo.

'Trátase dunha rede que, por desgraza, segue amosándose moi necesaria', defendeu Rueda sobre a decisión tomada hoxe en Consello da Xunta do seu reforzamento a través de 'multiplicar por catro' a partida dirixida a esta rede.

Rueda precisou que, un'Trátase dunha rede que, por desgraza, segue amosándose moi necesaria', defendeu Rueda sobre a decisión tomada hoxe en Consello da Xunta do seu reforzamento a través de 'multiplicar por catro' a partida dirixida a esta rede.ha parte deste orzamento destinarase a facer obras de reforma nas casas e vivendas da rede galega existentes na Coruña, Ourense, Ferrol, Lugo, Vigo, Burela e Chantada para “modernizalas, eliminar barreiras arquitectónicas e facelas máis cálidas e acolledoras”.

Novo centro no Porriño

Mentres que o segundo destino desta partida de 3,6 millóns de euros —proveniente de fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia— será para construír un centro novo, que se localizará no Porriño, para atender aquelas mulleres vítimas con problemas de adicción.

Ao respecto, o mandatario galego defendeu a necesidade deste centro especializado, xa que explicou que ter algún trastorno aditivo grave provocaba que estas mulleres atopábanse con “máis dificultades para ser acollidas” nestas casas ou vivendas.

Deste xeito, a Rede galega de acollemento contará con este novo recurso especializado en vítimas que padecen problemas graves de adicción ao alcohol e a outras substancias. En concreto, Rueda avanzou que contará cun investimento dun millón de euros e será de titularidade municipal.

O titular do Executivo galego en funcións lembrou que a Rede galega de acollemento ofrece na actualidade un total de 84 prazas “que en 2023 foron utilizadas por 142 mulleres e 91 menores, cun grado medio de ocupación ao longo do ano do 60 %”. Ademais desta rede, a Xunta conta ademais con tres centros de seguridade existentes en Ourense, A Coruña e Lugo para vítimas da trata.

Cinco centros de crise 24 horas para vítimas da violencia sexual

Precisamente, Rueda tamén salientou que o programa de investimentos hoxe aprobado polo Consello encaixa na posta en funcionamento, antes do 31 de decembro de 2024, de cinco centros de crise na comunidade para atender vítimas da violencia sexual, un obxectivo no cal a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Consellería de Sanidade colaboran.

As obras para a habilitación destes espazos xa están case finalizadas nos hospitais Novoa Santos de Ferrol, Lucus Augusti de Lugo, PAC-Centro de Especialidades de Ourense, Gil Casares de Santiago de Compostela e Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde quedarán radicados estes puntos de atención de 24 horas os sete días da semana ás vítimas de violencia de xénero.

Estes cinco centros concentrarán a atención especializada, psicolóxica, xurídica e social que estas mulleres xa viñan recibindo na comunidade, grazas ao pioneiro marco lexislativo galego que desde 2007 considera a violencia sexual como violencia de xénero.

R., 2024-03-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES