
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou onte nunha reunión enmarcada na xa arraigada relación de cooperación entre as rexións e municipios europeos e os seus homólogos norteafricanos.
Representando ao Comité das Rexións (CdR), Gamallo interveu na clausura do evento xunto a responsables do Servizo Europeo de Acción Exterior e representantes políticos procedentes da Veciñanza Meridional Europea, unha rexión prioritaria nas relacións exteriores da UE, coa que o bloque mantén unha asociación estratéxica dende hai xa 30 anos.
Facendo un repaso histórico destas relacións de cooperación entre o CdR e os países da ribeira sur do Mediterráneo, o director xeral destacou a importancia da Iniciativa Nicosia, un proxecto de cooperación descentralizada centrado no desenvolvemento local, lanzado en 2015 e que se enmarca no esforzo europeo por apoiar a transición de Libia cara á paz e á estabilidade, en liña co Proceso de Berlín impulsado dende as Nacións Unidas.
Galicia foi unha das primeiras rexións europeas en participar directamente nesta iniciativa. En 2019, a nosa comunidade acolleu unha visita de estudo de 11 funcionarios procedentes de Libia para compartir a experiencia e boas prácticas galegas no ámbito do procesamento de produtos mariños e a xestión das poboacións de peixes.
De feito, un dos puntos destacados do evento foi a presentación do proxecto TAMSALL (acrónimo en inglés para Cara a un novo enfoque multinivel compartido para a gobernanza local de Libia), lanzado en 2021 no marco da Iniciativa Nicosia para dar un novo impulso á cooperación libio-europea. O seu obxectivo fundamental é transferir coñecementos ás autoridades locais libias e promover unha maior descentralización e colaboración entre os distintos niveis de goberno no país.
Aparte de diversas actividades de capacitación para a gobernanza local, grazas a TAMSALL leváronse a cabo campañas de concienciación sobre xestión de residuos urbanos, puxéronse en marcha emisoras de radio locais e mesmo se construíron salas de urxencias nos centros de saúde municipais.
A Iniciativa Nicosia
Desde 2015, o Comité Europeo das Rexións desenvolve unha estreita relación política coas cidades libias, mantendo cada vez maiores contactos cos seus representantes. Esta relación desembocou, en 2016, na Iniciativa Nicosia, inaugurada na reunión plenaria anual da Asemblea Rexional e Local Euromediterránea (ARLEM) na capital de Chipre, coa participación dunha delegación de alcaldes libios.
Esta iniciativa de cooperación é unha resposta á situación de inestabilidade e inseguridade que vive Libia desde 2011, a cal erosionou os servizos municipais e mantivo as cidades libias illadas internacionalmente. A solicitude dos municipios libios, o Comité Europeo das Rexións leva mobilizando dende entón asociacións entre os entes locais de Libia e as cidades e rexións da UE, facendo coincidir as peticións dos primeiros coas ofertas de experiencia e coñecemento dos segundos, co obxectivo de axudar aos municipios a prestar mellores servizos e a profundar na descentralización.
En 2021, a Iniciativa Nicosia entrou nunha fase de apoio máis estrutural e centrado en empoderar as poboacións locais. Co financiamento da Comisión Europea, puxéronse en marcha dous importantes proxectos: Investigación e educación para a creación de institucións urbanas para o desenvolvemento local (REBUILD) e Cara a un novo enfoque multinivel compartido para a gobernanza local de Libia (TAMSALL), que ten por obxectivo reforzar a capacidade institucional e administrativa dos municipios libios.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.