Noticias

Yolanda Castaño, Eduardo Pardo de Guevara, a produtora Portocobo, a Banda de Música Unión de Guláns e a compañía circense PistaCatro reciben os Premios da Cultura Galega 2023

Esta edición dos Premios destacou a calidade da poesía de Yolanda Castaño, premiada na modalidade de Letras; o labor de investigación de Eduardo Pardo de Guevara sobre os galegos da Idade Media (Patrimonio Cultural) e a lonxevidade da Banda de Música Unión de Guliáns, con 150 anos de vida e que levou o recoñecemento na categoría de Música. Tamén foron premiados a produtora Portocobo (Audiovisual) como exemplo do “momento de esplendor” que está a vivir o audiovisual galego; o talento do circo de PistaCatro (Artes Escénicas) e o feito de que unha localidade galega como Ribeira acolla o Museo do Gravado á Estampa Dixital (Artes Visuais), que alberga unha das maiores coleccións de gravados de España e Europa.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, erixiu hoxe a cultura galega como reflexo da “liberdade, diversidade e unidade” que existe en Galicia, á vez que se amosou convencido que está a vivir un “novo rexurdimento” que está a facer medrar a comunidade.

Durante a gala de entrega dos Premios da Cultura Galega 2023 —celebrada no convento de Santa Clara en Pontevedra, ao que Rueda definiu como “resumo en pedra do que é Galicia—, o mandatario galego puxo en valor a “cultura robusta” coa que conta a Comunidade e á que lle atribuíu a capacidade de xerar unidade e contribuír ao enriquecemento do conxunto da sociedade.

Sobre as persoas e entidades galardoados nos Premios da Cultura Galega 2023, o presidente da Xunta apuntou o feito de que nas súas figuras, obras, estilos e pensamentos resulta “patente” que a cultura “é sempre un baremo fiel do grado de liberdade do que desfruta un pobo”.

Recoñecementos

En concreto, presidente destacou a calidade da poesía de Yolanda Castaño, premiada na modalidade de Letras; o labor de investigación de Eduardo Pardo de Guevara sobre os galegos da Idade Media (Patrimonio Cultural) e a lonxevidade da Banda de Música Unión de Guliáns, con 150 anos de vida e que levou o recoñecemento na categoría de Música.

Ademais, salientou que a produtora Portocobo (Audiovisual) é un bo exemplo do “momento de esplendor” que está a vivir o audiovisual galego; o talento do circo de PistaCatro (Artes Escénicas) e o feito de que unha localidade galega como Ribeira acolla o Museo do Gravado á Estampa Dixital (Artes Visuais), que alberga unha das maiores coleccións de gravados de España e Europa.

Rueda tamén enxalzou as dúas iniciativas premiadas e vencelladas ao impulso da lingua e a cultura galegas. Por unha parte, o programa Ponte... nas ondas (modalidade Lingua), recoñecido pola Unesco e que une pontes coa lusofonía e, por outra, os cursos de verán Galego sen fronteiras, premiados na categoría de Proxección Exterior.

Finalmente, o presidente da Xunta puxo en valor o papel dos Premios da Cultura Galega ao longo destes anos. “Se miramos cara a atrás encontrámonos con figuras admirables que deben ser recordadas; se miramos o noso presente atopámonos con protagonistas senlleiros, como os que hoxe recibiron este recoñecemento; e se miramos cara ao futuro, vemos unha cultura inclusiva, pola que todos temos que traballar, e que seguirá a ser sinónimo de benestar, de orgullo, de irmandade e de potencia dun pobo”, concluíu.

R., 2024-02-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES