
En liña coa posición do CdR, nas súas achegas ao documento de traballo a Xunta avoga por un enfoque máis descentralizado, no que as rexións poidan elaborar a súa propia estratexia e destinar os fondos ás actuacións máis adaptadas ás características dos seus territorios e sectores agrarios. Así mesmo, aludindo ao proceso de reestruturación do sector agrario que está tendo lugar en Galicia e noutras rexións europeas, o Goberno galego propuxo que as axudas directas se concentren exclusivamente nas explotacións profesionais.
Nesta última reunión da NAT tamén tivo lugar a aprobación de dous ditames, un sobre novas tecnoloxías xenómicas e outro sobre saúde mental, así como dous debates sobre como abordar a escaseza de medicamentos e a adopción dun Pacto Azul Europeo. Ademais, presentouse un estudo relativo ás características da participación electoral nas zonas rurais con miras ás eleccións europeas deste ano.
Galicia nas comisións CIVEX e NAT do Comité das Rexións
No actual mandato 2020- 2025 do Comité Europeo das Rexións, Galicia participa na Comisión de Recursos Naturais (NAT) e na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX). A primeira elabora ditames en áreas como as políticas comúns de agricultura e pesca, o turismo ou a saúde pública.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.