
Acorde ao espectáculo central da xornada, a temática do baile deste ano estará centrada nas cousas da horta, polo que se agarda que o Gaiás se encha de verzas, patacas, leitugas ou todo aquelo que poida estar relacionado con este eido. Iso si, o importante é estar dispostos a bailar e cantar nunha tarde na que a vergoña quedará na casa.
Consertasso na horta
Brais das Hortas traerá á Cidade da Cultura letras e música con moito humor para apañar risos e gana de cantar e bailar con temas e estilos moi variados. O Consertasso na horta está composto por un repertorio definido como un ecosistema musical saudable co que ninguén poderá permanecer quedo.
Brais das Hortas foi finalista dos Premios Martín Códax da Música no 2023. É músico, narrador oral e clown. Como músico toca en Blues do País e Sacha na Horta, e colaborou en numerosos proxectos como Ataque Escampe. Como clown e músico participa en dous espectáculos con Peter Punk Pallaso. Na faceta de narrador oral leva máis dunha década na Tropa de Trapo con Marta Ortiz.
As entradas teñen un prezo de 3 euros (máis gastos de xestión) e xa están á venda no Museo Centro Gaiás ou en liña na en Ataquilla.com.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.