Noticias

O 33º Festival de Jazz de Lugo incluirá 24 concertos do 3 ao 19 de novembro

No Clavicémbalo actuarán Wealman (Lugo) o venres, 3 de novembro; Irati Bilbao Quinteto (País Vasco) e Ton e Teira (Galicia) o sábado 4; Rembrandt Trío (Países Baixos) o mércores 8; TT Syndicate (Portugal) o 9; Kike Perdomo Quintet (Canarias) e Amoeba Split (Galicia) o 10; Límbico e Demo Rumudo (ambos de Galicia) o 11; Proyecto 1800 (Galicia) o 14; Jorge Tojeiro 8tet (Lugo e outros lugares de Galicia) o 15; Grant Stewart & Jim Rotondi o 16; Gabriela Suárez (Canarias) o 17 e o 18; e Juan Saiz Cuarteto (Cantabria e Cataluña) o 18.

Os organizadores do Festival de Jazz de Lugo presentaron hoxe o programa da súa 33ª edición, que se celebrará do 3 ao 19 de novembro con 24 concertos que terán como sedes o Círculo das Artes, o club Clavicémbalo e a Casa do Saber.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou na presentación desta cita cultural, que volve contar co apoio do Goberno galego. Un ano máis, a asociación de Amigos do Jazz Escobijazz reunirá en Lugo a grandes figuras do jazz a nivel internacional e estatal e a recoñecidas formacións e músicos galegos do xénero.

Arias felicitou aos organizadores pola traxectoria deste festival, que “segue a cultivar o gusto polo jazz entre o público lucense” e “contribúe a consolidar a imaxe de Lugo como un escenario idóneo para acoller eventos culturais de todos os ámbitos”.

En canto ao programa, no Clavicémbalo actuarán Wealman (Lugo) o venres, 3 de novembro -; Irati Bilbao Quinteto (País Vasco) e Ton e Teira (Galicia) o sábado 4; Rembrandt Trío (Países Baixos) o mércores 8; TT Syndicate (Portugal) o xoves 9; Kike Perdomo Quintet (Canarias) e Amoeba Split (Galicia) o venres 10; Límbico e Demo Rumudo (ambos de Galicia) o sábado 11 -; Proyecto 1800 (Galicia) o martes 14; Jorge Tojeiro 8tet (Lugo e outros lugares de Galicia) o mércores 15; Grant Stewart & Jim Rotondi o xoves 16; Gabriela Suárez (Canarias) o venres 17 e sábado 18; e Juan Saiz Cuarteto (Cantabria e Cataluña) o sábado 18.

Pola súa banda, o Círculo das Artes albergará os concertos de Mike Stern Band (EEUU) o xoves 9 de novembro; Emmet Cohen Trio (EEUU) o venres 10; Shai Maestro Quartet (Israel e EEUU) o sábado 11; Camille Thurman & The Darrell Green Quartet (EEUU) o mércores 15; o sexteto do músico galego Baldo Martínez o xoves 16; Javi Ruibal Cuarteto (España) o venres 17; Gran Canaria Big Band o sábado 18; e a Orquestra Jazz Matosinhos (Portugal) o domingo 19. Así mesmo, o trío encabezado pola barcelonesa Irene Reig estará o martes 14 na Casa do Saber.

R., 2023-10-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES