
A partir das 21,00 horas mesturarase danza contemporánea e artes dixitais ao tempo que se incorporarán secuencias de danza clásica. De feito, dependuradas da estrutura do edificio, as bailarinas Saioa Fernández e Sheila Ferrer interpretarán pezas de ballets como O lago dos cisnes ou O Crebanoces.
Tras o espectáculo, realizarase unha sesión de vídeomapping en 3D sobre a fachada do museo a cargo de Maxina. Mediante un xogo de luces e ilusións ópticas, a proxección percorrerá os 30 anos de historia do CGAC evocando algunhas das obras que no seu día estiveron expostas nos seus espazos máis representativos.
Faia, Malandrómena e Jungle by Night
O sábado 30 as actividades continuarán con tres concertos nos exteriores do museo a partir das 21,00 horas. Todos serán tamén de acceso libre e de balde. A primeira actuación correrá a cargo de Faia, artista que traballa coa música de tradición oral coa voz como ferramenta esencial. Recuperará coplas transmitidas de boca en boca que, á súa vez, completará con novas voces nun recital sobre a memoria colectiva do CGAC.
O grupo de rap compostelán Malandrómena continuará a noite de música e, para pechar as celebracións, contarase coa banda Jungle by Night integrada por sete rapaces neerlandeses cuxos directos os converten en estrelas improvisadas de todos os festivais nos que participan.
Nova proposta artística
As celebracións compleméntanse coa inauguración da nova exposición Implosión. Arte conceptual na colección CGAC (1965-1975), que reunirá varias pezas entre a colección do museo, así como novas adquisicións recentes que aínda non foran mostradas, doazóns e un grupo de préstamos temporais de coleccionistas galegos ou de distintas institucións como o Museo Centro de Arte dos de Mayo. Os actos centrais do 30 aniversario do CGAC incluirán un espectáculo de danza vertical e un videomapping na fachada
Súmase ao proxecto expositivo en dobre sede Traballo en equipo 30 anos do CGAC desde xuño pode verse no CGAC e no Museo Centro Gaiás. Con motivo da efeméride, a mostra entra na súa recta final cun programa de actividades con visitas comentadas especiais guiadas polos seus comisarios: o director do CGAC, Santiago Olmo, e a coordinadora de exposicións do Museo Centro Gaiás, Verónica Santos, e tamén polos artistas plásticos Jorge Perianes e Mónica Alonso, que asinan dúas das obras da mostra, ambas cun carácter marcadamente inmersivo un bosque narrativo e perturbador que dá a benvida á propia exposición e unha habitación que afonda na relación entre arte e curación a través do uso da cor. As visitas son de balde con reserva na web cidadedacultura.gal e celebraranse ás 12,00 horas os sábados 30 de setembro e 14 de outubro.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.