
Ademais permitirá afrontar as subas extraordinarias nos envases e embalaxes de plástico. Por outra banda, tamén serán subvencionables os custos excepcionais nos que incorresen os establecementos de cultivo na utilización de fariñas de peixe, alimentos, pensos e oxíxeno, neste caso no período comprendido entre o 1 de xullo e o 31 de decembro de 2022.
A contía máxima da axuda poderá ser de ata o 100% do gasto subvencionable para as empresas que teñan a consideración de microempresas, pequenas ou medianas empresas (pemes). Para as de maior tamaño a contía máxima da axuda será de ata o 80% do gasto subvencionable. O apoio total a conceder non poderá exceder os 300.000 por empresa, con independencia das instalacións ou barcos dos que dispoña. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir de mañá mércores.
Axudas para a frota e o sector transformador
A guerra de Ucraína xerou graves consecuencias na economía da Unión Europea e os seus estados membros. A invasión por parte de Rusia o 24 de febreiro de 2022 afectou aos operadores do sector da pesca e acuicultura de toda a UE, orixinando incrementos importantes dos custos e alteracións do comercio. Ante esta situación modificouse o regulamento do FEMP para permitir habilitar medidas que mitigasen este impacto nos operadores da pesca e da acuicultura.
A dedicada ás empresas de cultivos mariños é a primeira orde en aparecer publicada no DOG e a ela sumaranse en próximos días as convocatorias de axuda para a frota pesqueira e para a industria transformadora. En total, a Xunta prevé mobilizar arredor de 15 millóns de euros nas tres vías de apoio para paliar o impacto da guerra en Ucraína na cadea mar-industria.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.