Noticias

103 universitarios galegos verán recoñecida a súa excelencia cos premios fin de carreira

O 61% do alumnado recoñecido son mulleres e, do total de galardoados, 45 pertencen á Universidade de Santiago de Compostela. A Universidade de Vigo, pola súa banda, é a segunda con máis presenza con 37 premios, mentres que 21 pertencen á Universidade da Coruña. Ademais, os mellores expedientes distribúense entre 60 titulacións nos diferentes campus. Deste xeito, por número de recoñecementos destacan a titulación en Medicina, da Universidade de Santiago de Compostela, con catro persoas premiadas, e os graos en Administración e Dirección de Empresas, Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Enfermaría e de Educación Infantil, todas da Universidade de Vigo, con tres persoas premiadas cada unha.

A Xunta de Galicia vén de recoñecer a excelencia académica de 103 universitarios cos premios fin de carreira. Así se recolle na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia para o alumnado do Sistema Universitario de Galicia que rematou os seus estudos no ano 2022.

O 61% do alumnado recoñecido son mulleres e, do total de galardoados, 45 pertencen á Universidade de Santiago de Compostela. A Universidade de Vigo, pola súa banda, é a segunda con máis presenza con 37 premios, mentres que 21 pertencen á Universidade da Coruña.

Ademais, os mellores expedientes distribúense entre 60 titulacións nos diferentes campus. Deste xeito, por número de recoñecementos destacan a titulación en Medicina, da Universidade de Santiago de Compostela, con catro persoas premiadas, e os graos en Administración e Dirección de Empresas, Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Enfermaría e de Educación Infantil, todas da Universidade de Vigo, con tres persoas premiadas cada unha.

A convocatoria deste ano conta cun incremento do 12% no orzamento por parte da Consellería de Cultura ,Educación, FP e Universidades ata chegar aos 381.500€, o que permite premiar a unha vintena máis de estudantes que o pasado ano. Cada un deles recibirá unha achega económica de 3.500€ e un diploma acreditativo desta distinción.

Para optar ao premio, as persoas candidatas debían acreditar unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,5 puntos para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde e 7,5 puntos para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

R., 2023-07-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade.

Notas

No marco dun convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, estableceuse como obxectivo a elaboración dun protocolo común en materia de acompañamento psicolóxico ao estudantado destas universidades.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acollerá os días 22 e 23 de setembro o 2º Congreso Internacional de Xestión da Balneoterapia, que ten por lema Innovación, saúde e territorio ante o reto demográfico. Con arredor dun centenar de asistentes, no evento presentaranse arredor de 70 traballos científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES