
Os obxectivos do ditame foron presentados a representantes da Comisión Europea, a Representación Permanente de España ante a Unión Europea, a asociacións da industria do mar, a ONG ambientais e a diversas rexións de España, Italia e Francia. A Xunta busca con este documento apoiar a revitalización das comunidades costeiras mediante a innovación e a tecnoloxía, reforzar a contribución da Política Pesqueira Común (PPC) aos obxectivos ambientais e pesqueiros e acadar un sector neutro en emisións no ano 2050.
Jesús Gamallo valorou de xeito positivo a consulta sobre o ditame e destacou a pluralidade de voces presentes, xa que o obxectivo é facer un ditame que teña en conta o maior número de actores. Estamos satisfeitos pola presenza doutras rexións, organizacións da industria do mar e organizacións ambientais, engadiu. Ademais, puxo en valor o traballo sustentable do sector e subliñou que contribúe ao mantemento do mar, á súa diversidade e ao seu compromiso pola neutralidade climática.
Ditame sobre o futuro do sector pesqueiro
Para o CdR o futuro da Política Pesqueira Común sobre o terreo debe avanzar cara a unhas comunidades costeiras sostibles e resilentes na UE. Galicia lidera esta reacción das rexións e cidades ao debate aberto pola Comisión Europea en febreiro en relación coa contribución da pesca e a acuicultura á transición ecolóxica. Neste marco de acción, a Consellería do Mar, a través do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, que tamén asistiu á presentación deste ditame.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.