
Alfonso Rueda destacou que en Galicia se rexistraron o ano pasado 25.700 accidentes laborais, e aínda que o 98,2 % foron leves, o feito de que os houbera graves e mesmo mortais indica que é preciso tomar medidas, porque en cada sinistro hai vidas en risco. O titular do Goberno galego incidiu na necesidade de actualizar os protocolos tendo en conta que os modelos e o mercado de traballo mudan decotío. Temos avanzado moito -indicou o presidente Rueda- pero aínda queda moito por avanzar.
Nos relatorios do congreso incidiuse en que na actualidade asístese a un punto de inflexión que obriga a incluír conceptos como a robotización, o teletraballo ou a hiperconectividade, pero tamén a perspectiva de xénero, a saúde mental ou as problemáticas particulares de sectores como o forestal ou o marítimo.
No caso de Galicia estase a traballar na nova Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo, que aborda os riscos derivados das últimas transformacións do mercado laboral. A maiores, a Xunta enviou ao Parlamento de Galicia a nova Lei de igualdade que recolle, entre outras novas, a necesidade de abordar a igualdade de xénero nas políticas de seguridade e saúde no traballo.
O Goberno galego destina este ano uns 7,5 millóns de euros á execución do Plan do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, co que se formará a máis de 4.000 persoas, realizaranse actuacións de asesoramento e sensibilización e se promoverá a redución de accidentes laborais.
Alfonso Rueda agradeceu aos participantes no congreso as súas achegas para aplicar no eido laboral políticas de prevención intensivas, transversais e actualizadas coa finalidade de construír entre todos unha sociedade máis segura. O benestar das persoas pasa tamén pola prevención, subliñou.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.