
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain) da Xunta de Galicia, Patricia Argerey, coñeceu esta mañá de primeira man os resultados do proxecto Smart Lean Platform 4.0 for People (LP4P) desenvolvido por un consorcio de catro pemes galegas liderado pola consultoría tecnolóxica Inovalab Digital e apoiado pola Administración autonómica a través do programa Conecta Hubs, co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).
A directora destacou a contribución deste proxecto á transformación dixital da industria galega mediante o desenvolvemento dunha plataforma que integra ferramentas de lean manufacturing (dirixidas a reducir os tempos dentro do sistema de produción e de resposta a provedores e clientes) e tecnoloxías facilitadoras esenciais, como o internet das cousas, a intelixencia artificial e a realidade aumentadas, para axudarlles ás persoas na toma de decisións. Na visita á planta de TI Automotive, despois da presentación dos resultados por parte dos socios no proxecto, puideron comprobaron a implantación desta plataforma nun entorno real.
LP4P está liderado pola consultoría tecnolóxica Inovalab Digital e nel participan como socias as empresas Meifus Industrial, Xoia Software Development e TI Group Automotive Systems. Así mesmo, conta ca colaboración do hub de innovación dixital Dihgigal, e os centros tecnolóxicos Gradiant e Citic. O orzamento total do proxecto ascende a preto dun millón de euros para o período 2021-2023 e conta cunha axuda de máis de 540.000 euros da Xunta de Galicia, cofinanciado a través dos fondos Feder.
A plataforma desenvolta permite captar datos en planta mediante sensorización; almacenalos, analizalos e explotalos a través da intelixencia artificial e visualizalos en tempo real e contextualizados, contribuíndo así á formación, apoio a operacións, soporte remoto, mantemento preditivo e preventivo, xemelgo dixital interactivo de control de máquinas e monitorización.
Deste xeito, este proxecto impulsa a competitividade da industria galega en sectores estratéxicos como a automoción e contribúen a avanzar cara a unha economía máis dixital e resiliente, baseada no coñecemento e na innovación. Precisamente, o obxectivo da liña de axudas Conecta Hubs é apoiar proxectos de I+D+i colaborativos desenvolvidos por agrupacións de empresas que contribúan a impulsar un tecido empresarial máis dixitalizado, innovador e sustentable, mellorando así a súa competitividade.
A transformación dixital do tecido produtivo galego, especialmente das pemes, é unha prioridade da política de I+D+i da Xunta de Galicia que impulsa os hubs de innovación dixital como un instrumento que facilita o acceso da industria a tecnoloxías emerxentes. Así mesmo, na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) 2021-2027 a dixitalización aparece como unha das tres prioridades transversais, xunto á sustentabilidade e o enfoque cara ás persoas.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) vén de poñer en marcha un novo laboratorio de investigación en cuántica, que reforza as capacidades de Galicia en tecnoloxías cuánticas e completa a oferta de infraestruturas científico-tecnolóxicas do ecosistema de I+G+i. A posta en marcha deste novo laboratorio sitúa a Galicia nunha posición aínda máis competitiva neste ámbito e permite abordar de maneira integral a investigación, a experimentación, o desenvolvemento de aplicacións e a súa transferencia ao tecido produtivo.
Galicia rexistra en xuño con 1.123.034 cotizantes o máximo de afiliacións á Seguridade Social e con 105.768 persoas paradas o nivel de desemprego máis baixo de toda a serie histórica. No caso das afiliacións, soben tanto na comparativa anual como na mensual. Hai preto de 20.400 afiliacións máis que hai un ano e case 11.200 cotizantes máis que hai un mes, sendo na comparativa mensual o ritmo de subida maior ao estatal. En relación co paro, cae tanto na comparativa anual , cunha redución do -1,39 % como na mensual, neste caso un -3,28 %.