Noticias

Entregados os premios de Galiciencia, a maior feira científica de Galicia, coa participación de máis de 4.800 persoas

Galiciencia, a maior feira científica de Galicia, bate este ano récord de asistencia, con máis de 4.800 persoas participantes nas diferentes actividades, tanto presenciais como en liña. Nesta edición seleccionáronse un total de 106 proxectos promovidos por 243 alumnos e alumnas de 34 centros educativos de toda a comunidade. O reto desta edición está no sector aeroespacial e aeronáutico, un ámbito no que Galicia conta con grandes empresas do sector colaborando xunto con 70 pemes galegas e centros tecnolóxicos no marco do Polo Aeroespacial de Galicia.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, participou hoxe na entrega de premios de Galiciencia 2023, sinalando que esta iniciativa que se celebra no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) en San Cibrao das Viñas contribúe a espertar as vocacións científicas e impulsar o talento das novas xeracións.

Galiciencia, a maior feira científica de Galicia, bate este ano récord de asistencia, con máis de 4.800 persoas participantes nas diferentes actividades, tanto presenciais como en liña. Nesta edición seleccionáronse un total de 106 proxectos promovidos por 243 alumnos e alumnas de 34 centros educativos de toda a comunidade. O reto desta edición está no sector aeroespacial e aeronáutico, un ámbito no que Galicia conta con grandes empresas do sector colaborando xunto con 70 pemes galegas e centros tecnolóxicos no marco do Polo Aeroespacial de Galicia.

O primeiro premio foi para un equipo do Colexio San Pablo VI- Fátima da Rúa, cunha simulación de ambiente favorable á vida para o traslado a outros planetas. O Colexio Internacional SEK Atlántico de Poio conseguiu o segundo premio cun proxecto de bolígrafos biodegradables. Ademais, o IES Menéndez Pidal da Coruña clasificouse en terceiro lugar cun mapa do ceo con constelacións táctiles.

E dentro das categorías especiais, o Premio Comunicación foi para un equipo do CPR Plurilingüe Eduardo Pondal de Cangas do Morrazo; o Premio Innovación para estudantes do IES de Ortigueira; e o Premio Metodoloxía para o Colexio Miraflores do Pereiro de Aguiar. Na categoría de FP os galardoados son alumnos do CIFP Politécnico de Lugo, e no correspondente á temática da aeronáutica o galardón foi para un equipo do IES María Casares de Oleiros. Polo que respecta á igualdade de xénero o recoñecemento foi para o Colexio Plurilingüe San José- Josefinas de Ourense. Houbo ademais un premio especial para o proxecto coa mellor valoración popular, elixido entre todos os que participaron online. Os gañadores son un equipo do IES Aquis Querquernis de Bande (Ourense) cunha iniciativa de bacterias fluorescentes.

R., 2023-05-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES