Noticias

Galicia busca captar fondos europeos para que Boeing continúe impulsando novas iniciativas como socio tecnolóxico e industrial do polo aeroespacial

Como socio tecnolóxico e industrial da Xunta desde 2019, a colaboración de Boeing foi determinante para que hoxe o CIAR de Rozas dispoña dun simulador de continxencias e do equipamento máis avanzado en Europa para a simulación de voos con vehículos aéreos non tripulados, que foi o campo no que centrou as súas investigacións. Neste momento tamén se desenvolven outras iniciativas como a Aula Newton na Tecnópole, ou a colaboración que manteñen coa Escola de Enxeñeiros Aeronáuticos da Universidade de Vigo.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta mañá un encontro con Patty Chang Chien, vicepresidenta e directora xeral de Boeing Research & Technology e outros representantes da compañía co obxectivo de abordar o marco de colaboración que esta mantén co Polo Aeroespacial de Galicia.

Neste sentido, Conde agradeceu a colaboración que Boeing está desenvolvendo desde o ano 2019 como un dos socios tecnolóxicos que está permitindo desenvolver os diferentes programas, e sinalou que desde Galicia se está a traballar “para que no futuro Boeing poida permanecer e polo tanto se poida implicar nun proxecto que ten presentado”, e que, “a través dos fondos Next Generation poida ter a súa oportunidade”.

Como socio tecnolóxico e industrial da Xunta desde 2019, a colaboración de Boeing foi determinante para que hoxe o CIAR de Rozas dispoña dun simulador de continxencias e do equipamento máis avanzado en Europa para a simulación de voos con vehículos aéreos non tripulados, que foi o campo no que centrou as súas investigacións. Neste momento tamén se desenvolven outras iniciativas como a Aula Newton na Tecnópole, ou a colaboración que manteñen coa Escola de Enxeñeiros Aeronáuticos da Universidade de Vigo.

O vicepresidente primeiro apuntou que “Boeing é especialista no eido global para garantir a xestión de tráfico de avións tripulados e non tripulados” e “hai unha oportunidade para que siga traballando en Galicia neste tipo de proxectos”. Conde incidiu en que “a súa colaboración está sendo imprescindible precisamente para consolidar tecnoloxía e para consolidar talento”, así como para seguir colaborando con pequenas e medianas empresas e centros tecnolóxicos galegos.

R., 2023-04-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES