
Artistas nacionais e internacionais actuarán en Lugo os días 11, 12 e 13 de maio no marco do sétimo festival Fa Ce La Fest, que conta coa colaboración da Xunta a través de Turismo de Galicia e da Axencia Galega das Industrias Culturais. Os concertos serán na sala Clavicémbalo e na explanada exterior do auditorio Gustavo Freire -aínda queda algunha outra ubicación por determinar -.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e os organizadores do certame, Celestino Muinelo e Suso Rielo, presentaron na sede da Xunta a iniciativa, da que salientaron que aposta por ofrecer unha programación de calidade e diferenciada con artistas consagrados e formacións emerxentes, e que inclúe no cartel a grupos galegos e locais.
Destaca a presenza da bilbaínaLa Bien Querida e os cantantes estadounidenses Micah P. Hinson e Ron Gallo. No apartado nacional figuran tamén Depresión Sonora (Madrid) e El Último Vecino (Barcelona); xunto con propostas de música internacional tan variadas como as dos Neatbeats (Xapón); The Shadracks (Reino Unido); Na Noise (Nova Zelanda); e Fee Reega (alemana afincada en Asturias).
Completan o cartel bandas galegas comoDalsi, Lunamotos, Musel, Ángel Novcad, Pastor Eléctrico, Copa Turbo e os Músculo. Nese sentido, os organizadores incidiron na aposta por por poñer en valor a música que se fai en Galicia e especialmente en Lugo.
Arias subliñou que a Xunta apoia os festivais con accións de colaboración e patrocinio, porque constitúen un elemento dinamizador do sector cultural e turístico, xa que atraen a milleiros de persoas e teñen un importante retorno económico.
Tamén felicitou aos impulsores do Fa Ce La Fest por organizar en Lugo esta iniciativa que destaca polo seu interese como plataforma de difusión das bandas galegas, polo seu nivel artístico e por contribuír a achegar a Lugo unha oferta musical e cultural de calidade.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.