O Consello de Turismo dá o visto bo á declaración como Festa de Interese Turístico da Festa do Entroido de Foz e a do Enterro da Sardiña de Marín
O Consello de Turismo que aprobou hoxe, en sesión extraordinaria, a declaración de dúas novas festas de interese turístico de Galicia logo de que estas acreditaran a súa antigüidade, singularidade, arraigo e valor cultural. Trátanse da Festa do Entroido de Foz e a Festa do Enterro da Sardiña de Marín. Ademais, durante este pleno tamén se aprobou o Plan de Inspección Turística da Comunidade para o ano 2023.

A directora de Turismo de Galicia , Nava Castro, participou esta mañá no Consello de Turismo que aprobou hoxe, en sesión extraordinaria, a declaración de dúas novas festas de interese turístico de Galicia logo de que estas acreditaran a súa antigüidade, singularidade, arraigo e valor cultural. Trátanse da Festa do Entroido de Foz e a Festa do Enterro da Sardiña de Marín.
Ademais, durante este pleno tamén se aprobou o Plan de Inspección Turística da Comunidade para o ano 2023, cuxo obxectivo é o cumprimento da normativa turística de Galicia por quen realiza as actividades turísticas reguladas. Neste Plan hoxe aprobado mantéñense os obxectivos dos anteriores, dando así continuidade á actuación da inspección turística en Galicia para a procura da calidade e da excelencia neste sector.
R., 2023-03-06
Actualidad

O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: días máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. Aínda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo período.

O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.
Notas
A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.