Noticias

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia ofrece un milleiro de prazas de formación certificada e especializada a través de 47 cursos

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) iniciou xa a programación formativa deseñada para o primeiro semestre deste ano, que ofrece un total de 1.000 prazas de cualificación certificada e especializada a través de 47 cursos, así como a organización de 39 xornadas técnicas centradas na innovación e o sector tecnolóxico. Os 47 cursos están a impartirse nas modalidades presencial, virtual e de teleformación e, ao seu remate, as alumnas e alumnos teñen a opción de recibir unha certificación, tanto as persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como as persoas traballadoras nun centro emprazado en Galicia.

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) iniciou xa a programación formativa deseñada para o primeiro semestre deste ano coa que a Xunta de Galicia ofrece un total de 1.000 prazas de cualificación certificada e especializada a través de 47 cursos, así como a organización de 39 xornadas técnicas centradas na innovación e o sector tecnolóxico.

A formación que se imparte neste centro, que depende da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, vai en liña coa aposta que está a facer o Goberno galego para formar a persoas demandantes de emprego e traballadoras nos sectores nos que na actualidade existen vacantes laborais.

Os 47 cursos están a impartirse nas modalidades presencial, virtual e de teleformación e, ao seu remate, as alumnas e alumnos teñen a opción de recibir unha certificación, tanto as persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como as persoas traballadoras nun centro emprazado en Galicia.

A través destas accións ofértanse formacións que permiten a persoas desempregadas e ocupadas doutros sectores obter novas cualificacións para incorporarse ao mercado laboral no sector tecnolóxico, como é o caso dos cursos de Introdución a Java e de Introdución a bases de datos relacionais. Tamén impártense cursos especializados sobre xestión de solucións na nube; de xestión avanzada de redes; de administración de sistemas; de análise e ciencia da datos; de organización, metodoloxía e xestión áxil de proxectos; ou de programación en linguaxes innovadoras.

Con respecto ás xornadas, comezaron o pasado día 22 cunha sesión impartida polo experto en ciberseguridade de CISCO, profesor da Universidade da Coruña e coordinador do máster de Ciberseguridade, Francisco Javier Novoa, que versou sobre como deseñar un acceso a Internet tolerante a fallos nas redes corporativas das organizacións.

Esta primeira xornada terá continuidade na semana do 6 de marzo con 3 novas charlas, que versarán sobre o deseño escalable de redes; as novidades das linguaxes de programación máis usadas, Java; e as posibilidades das linguaxes de programación con máis potencial na análise de datos, Python.

As 39 xornadas que se desenvolverán ao longo deste primeiro semestre terán lugar de xeito presencial, en horario de tarde e achegarán dun xeito práctico temáticas tan innovadoras e tan de releve no mundo tecnolóxico como as solucións na nube, o deseño seguro de redes, a ciencia de datos, os sistemas de análise de datos e axuda a toma de decisións, a intelixencia artificial ou as novidades nas linguaxes de programación máis empregadas.

As xornadas son gratuítas para os asistentes, que reciben ao finalizar a sesión unha certificación de asistencia, coa duración e o contido da formación recibida.

A formación que se imparte no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia conta cun alto recoñecemento entre as empresas e os traballadores do sector tecnolóxico, e cunha alta demanda, que está a superar en cinco veces a oferta de prazas. Na liña de atender dita demanda, o CNTG está a traballar no deseño e programación dunha oferta para o período 2023/2024 que atenda de xeito satisfactorio as demandas formativas do ecosistema empresarial TIC galego.

R., 2023-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (bandeira_azul.jpg) Galicia propón este ano 119 praias —45 na Coruña, 17 en Lugo, 56 en Pontevedra, e unha en Ourense— como candidatas ao galardón Bandeira Azul 2026. Galicia é a terceira comunidade que formalizou máis candidaturas este ano, por detrás da Comunidade Valenciana e Andalucía, que presentaron 160 e 155 praias. En canto ás provincias, Pontevedra é a segunda con máis candidaturas propostas só por detrás de Alacante. Ademais, este é o primeiro ano no que se presenta a candidatura dunha praia fluvial na provincia de Ourense. Para acadar este recoñecemento nas praias deberá acreditarse unha calidade das augas excelente, unhas boas condicións de seguridade, servizos e accesibilidade, e unha atinada xestión medioambiental.
Foto de la tercera plana (sociedade-02.jpg) A taxa de positividade do virus respiratorio sincitial sitúase no 10 % na semana 7 do ano, que rematou o día 15 deste mes. Na semana recollida no informe, observouse un descenso da taxa de consultas no grupo dos menores de dous anos. En canto ás hospitalizacións, rexistráronse dous ingresos no grupo de nados entre abril e setembro de 2025 pero non se produciu ningunha hospitalización nos lactantes menores de dous meses. Nestes grupos, a cobertura da inmunización fronte ao VRS é do 92,6 % no caso dos bebés que son vacinados nos hospitais galegos ao nacer dentro das datas da campaña e do 95,3 % para os nados fóra de campaña.

Notas

O proxecto estratéxico CIBERECO, liderado pola directora científica de ECOBAS e catedrática da USC María Loureiro, culmina o vindeiro 25 de febreiro coa celebración do CIBERECO Lab no Edificio CINC da Cidade da Cultura. A vicerreitora de Política Científica da USC, Pilar Bermejo, e o director xeral do Instituto Nacional de Ciberseguridade-INCIBE, Félix Barrio, participarán ás 9.30 horas na benvida institucional do CIBERECO-Lab xunto coa directora do proxect.
Case 400 rapaces participaron no campus de Ourense na IX Feira eXXperimenta en Feminino, a cita anual coa divulgación científica e co fomento da igualdade no eido CTEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas), froito do compromiso da UVigo, que quere contribuír a rachar coa falta de referentes femininos científicos neste eido e coa desproporción entre homes e mulleres.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES