
A Xunta de Galicia levou atención sociosanitaria gratuíta en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a máis de 35.000 persoas maiores de toda Galicia durante o último ano a través do programa de Coidados porta a porta. Así o indicou a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, que esta mañá visitou a unidade móbil desta iniciativa, que desde o pasado xoves e ata mañá martes atende aos veciños deste municipio coruñés.
Esta é a segunda parada en Ribeira do Coidados porta a porta, despois que na primeira atendera a 50 maiores. A conselleira, que estivo acompañada do alcalde, Manuel Ruiz, adiantou que este servizo regresará o vindeiro mes de setembro a esta localidade para seguir atendendo aos veciños que o necesiten. O horario de atención deste servizo é de nove da mañá a oito da tarde e as persoas usuarias soamente teñen que pedir cita previa nalgún dos teléfonos habilitados 622 748 283 ou 623 546 922, ou ben no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xuntal.gal.
Fabiola García destacou o fortalecemento dos servizos sociais en toda a Comunidade e tamén no Barbanza. Neste sentido, apuntou que se reforzou en todos os concellos o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), co que 27.000 galegos reciben coidados nos seus fogares. Ademais, referiuse ao fomento das aulas do maior, como a que a Xunta impulsou en Ribeira, así como á construción e renovación de infraestruturas, como é o caso da futura residencia pública do Barbanza que se emprazará en Ribeira e estará adaptada ao novo modelo de coidados ou a reforma completa da residencia da Xunta na Pobra do Caramiñal.
Apoio ás familias
Así mesmo. sinalou a mellora dos servizos de atención á infancia e de apoio ás familias. Ao respecto, referiuse á creación do Punto de Encontro Familiar (PEF) no Barbanza, así como á implantación da gratuidade en todas as escolas infantís para o 100 % do alumnado, cun investimento de 55 millóns de euros de fondos propios da Xunta.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.