
Así, a conselleira destacou que nesta normativa contémplanse medidas para crear máis servizos no rural, para fomentar o retorno dos galegos na diáspora, para garantir o dereito das persoas maiores a decidir onde vivir esta etapa das súas vidas, para darlle á mocidade máis oportunidades e tamén para mellorar a conciliación das familias.
Axudas ás familias
Neste sentido, puxo en valor o impulso de medidas como a Tarxeta Benvida, que ofrece un apoio económico para asumir os gastos básicos polo nacemento dun bebé e que leva beneficiado a 92.500 galegos desde o ano 2016; do Bono Coidado, que permite a contratación dun servizo extraordinario de conciliación como pode ser un campamento de verán e que no pasado ano chegou a 4.900 fogares; ou da gratuidade de todas as escolas infantís para todos os fillos.
Con respecto a esta última actuación, a conselleira sinalou que Galicia é a única comunidade que conta cunha medida destas características, que beneficia a todos os nenos, vaian ao centro que vaian, durante oito horas ao día e once meses ao ano. Máis de 31.000 familias non pagan nada por levar os seus nenos a un destes centros para o que a Xunta destina un orzamento de 55 millóns de euros ao ano.
Financiamento autonómico
Fabiola García afirmou que o reto demográfico é unha situación complexa plural nas súas causas e consecuencias, que afecta a todas as sociedades occidentais e que debe abordarse desde o consenso, a unanimidade e a colaboración institucional. Por este mesmo motivo, lembrou, oito presidentes autonómicos de distinta cor política reclamaron no ano 2021 en Santiago a implicación do Goberno central para un financiamento autonómico xusto, que atenda á dispersión e a realidade de cada territorio, e que teña en conta a aquelas zonas de especial perigo fronte ao reto demográfico.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.