
O plan prevía que os fondos correspondentes ao ano pasado serían transferidos ás comunidades autónomas en tres pagos. O primeiro chegaría a mediados de ano, outro cando xustificasen ter convocado as axudas e o último cando as comunidades acreditasen ter cumprido os obxectivos establecidos en canto a número de vivendas para as que se concedeu a subvención.
Os dous primeiros pagamentos xa foron recibidos pola Xunta e o terceiro é o que se solicita agora, por importe de 40,6 millóns de euros, unha vez que as vivendas beneficiadas en Galicia polas axudas convocadas superan amplamente os mínimos establecidos no plan.
Cómpre subliñar que o Plan de recuperación, transformación e resiliencia finánciase exclusivamente con fondos procedentes da Unión Europea e das comunidades autónomas, sen ningunha achega do Goberno de España.
No seu conxunto, o plan estará financiado no caso de Galicia con 206 millóns de euros procedentes da UE e máis de 90 achegados pola Xunta de Galicia, uns fondos que supoñen o 30% do total.
Execución de preto do 90%
A Xunta xa resolveu as convocatorias de 7 programas de axudas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia acadando unha porcentaxe de execución dos fondos previstos de case un 90% en concreto, do 88,16%. Os fondos remanentes incorporaranse ás convocatorias de 2023.
Dous dos programas executáronse ao 100%, outros tres remataron por riba do 90% e un deles acadou o 86%. A liña cunha menor execución foi a de actuacións a nivel de vivenda debido a que a demanda destas axudas foi inferior á prevista. En todo caso, no programa de vivenda concedéronse todas as solicitudes que cumprían os requisitos.
En total concedéronse axudas para 14.585 vivendas, por un importe de 77.591.338,02 euros. No seguinte cadro indícanse os datos de cada un dos 7 programas, co número de vivendas beneficiadas e o importe concedido.
Construción de vivendas para alugueiro
Por outra parte, o IGVS tamén xestiona o programa de construción de vivendas enerxeticamente eficientes para alugueiro, que se executa a través da construción de vivendas públicas por parte do propio organismo autonómico e dunha liña específica de axudas para que promotores públicos e privados tamén poidan construír vivendas destinadas a alugueiro social en solo público.
Para este programa estaban previstas dúas transferencias a Galicia de 29,22 millóns de euros. A primeira xa foi recibida pola Xunta e está integramente comprometida a través da convocatoria de subvencións para concellos e empresas privadas publicada no DOG o pasado 7 de febreiro, cun orzamento inicial de 8,4 millóns de euros, e dos convenios asinados entre o IGVS e o Ministerio en 2022 para o cofinanciamento da construción de 499 vivendas de promoción pública nas cidades por parte da Xunta.
Neste último caso, o Goberno autonómico achegará o 65% do custo total estimado das vivendas e o 35% restante será financiado con fondos europeos procedentes do programa Next Generation UE.
O ciclo xa ofreceu xa en marzo e abril as actuacións de Andhrea & The Black Cats na Pecera de Vigo e na Pousada da Galiza Imaxinaria, de Sabela King & The Heartbreakers e The Lakazans en La Room, de Ferrol, e continuará mañá venres 22 de maio co concerto de Berlai na sala boirense. A programación seguirá o 30 de maio con Habelas Hainas, na sala Guión de Pontedeume; o 13 de xuño con Cachas & Cousins, no Club Clavicémbalo, de Lugo; o 1 de agosto con Habelas Hainas, na Arca da Noe, de Vilar de Santos; o 11 de setembro con Sacha na Horta, no Club Clavicémbalo; o 10 de outubro con Blues do País e O Sindicato da Verbena, na Arca da Noe; o 24 de outubro con The Lakazans e o 28 de novembro con Habelas Hainas, estas dúas últimas no Pub Gatos, de Melide.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, denunciou hoxe que o Goberno central está a comprometer a viabilidade das explotacións gandeiras coa súa postura sobre a protección do lobo. Durante unha visita que realizou esta mañá en Vilalba a unha explotación gandeira en extensivo que sufriu varios ataques de lobo, a conselleira explicou que o sector gandeiro está a sufrir as consecuencias do empeño do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico en que o estado de conservación desta especie sexa desfavorable ao contrario do que reflicten os datos oficiais.