
Así, segundo destacou o vicepresidente primeiro, a comarca ten sectores moi relevantes onde Galicia se está posicionando grazas ao seu dinamismo.
En primeiro lugar, referiuse ao sector tecnolóxico, coa Cidade das TIC, que a Xunta está apoiando a través de iniciativas como o centro de fabricación avanzada ou o proxecto do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG). Tamén resaltou a oportunidade de contar na cidade coa sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia).
Ademais, o responsable de Economía, Industria e Innovación do Goberno galego sinalou que se está traballando noutros sectores emerxentes e de enorme oportunidade para A Coruña, apuntando a diferentes proxectos cos que se está traballando coa Autoridade Portuaria, con iniciativas para establecer fábricas de ensamblaxe de plataformas de éolica mariña, e que permitirían que a comarca se poida erixir como un centro industrial de fabricación de plataformas de eólica mariña flotante.
Isto sumaríase ao desenvolvemento da plataforma experimental que a Xunta de Galicia, en colaboración coa Autoridade Portuaria e Red Eléctrica están deseñando co obxectivo de que, a través dos proxectos industriais e dos proxectos de innovación, A Coruña e Galicia poidan ser un polo de referencia da eólica mariña. Para iso, tal e como lembrou Conde, é preciso que o Goberno aprobe os Plans de Ordenación de Espazos Marítimos (POEM), así como a propia normativa de desenvolvemento da eólica mariña.
O vicepresidente primeiro lembrou que A Coruña tamén está traballando con proxectos de hidróxeno verde e de amoníaco verde, e apuntou que tamén se seguirá traballando en iniciativas vinculadas aos fondos europeos, como o de Resonac, para que a antiga Showa Denko poida seguir fortalecendo o tecido empresarial.
Conde destacou que o club empresarial Nordés está conformado por máis de 200 empresas, e apelou a seguir traballando conxuntamente para que A Coruña siga crecendo e sendo un referente desde o punto de vista industrial.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.