Noticias

Galicia e Castela e León exixen ao Goberno de España información sobre a afección do contrato fallido de Renfe á renovación dos seus trens de ancho métrico

A Xunta de Galicia e a Junta de Castela e León exixen ao Goberno de España que lles proporcione información sobre a afección que o contrato fallido de Renfe terá sobre a renovación da frota de trens de ancho métrico que operan en ambas as dúas comunidades. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade do Goberno galego, Ethel Vázquez Mourelle, e a conselleira de Mobilidade e Transformación Dixital de Castela e León, María González Corral, dirixíronse hoxe á secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, para trasladarlle a súa preocupación ante a gravidade das novas relacionadas co retraso que suporá o erro do Ministerio na licitación para o subministro de trens de ancho métrico e alpinos.

As representantes dos Gobernos autonómicos requiren, nas súas respectivas cartas, que se lles informe cumpridamente sobre o estado de execución dese contrato, especialmente no relativo a prazos de entrega dos trens fallidos e pagos efectuados con cargo a fondos públicos, e que lles sexa accesible todo o expediente de contratación tramitado e adxudicado polo Consello de Administración de Renfe.

Ademais, ante a falta de información e remitíndose ao anuncio do 29 de xuño de 2020, no que se comunicaba que Renfe adxudicaba a CAF a compra de 31 trens de ancho métrico e 6 alpinos por 258 millóns de euros, en cuxo texto se detallaba que se adquirían 26 trens eléctricos e 5 híbridos (que poderían utilizarse en Galicia e Castela e León) e que mesmo se podería chegar a adquirir outro más, reiteran que se lles informe, á maior brevidade posible, sobre o destino previsto para os trens obxecto do contrato e, en concreto, do número de unidades que se previa destinar a Galicia e Castela e León.

Como se pode comprobar, na información recollíase expresamente que a frota de ‘ancho métrico’, daría servizo en Asturias, Cantabria, País Vasco, Galicia, Castela e León e Murcia. Por iso, piden que se inclúa expresamente a renovación dos trens que circulan polos seus respectivos territorios, para que todos os viaxeiros usuarios destes servizos ferroviarios no norte do país poidan facelo nas mesmas condicións.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, lembra que Renfe comprometeu en 2018 un plan de actuación para mellorar a calidade do servizo ferroviario entre Ferrol e Ribadeo, onde o material rodante é causante da maioría das incidencias e precisa ser modernizado.

Do mesmo xeito, as dúas conselleiras constatan o seu interese en participar en todas aquelas reunións que se convoquen desde o Ministerio para informar sobre este tema xunto co resto de Comunidades Autónomas que contan con este servizo.

Por outra banda, tanto Ethel Vázquez como María González Corral exixen que o Ministerio aclare cando tivo coñecemento desta situación e que medias adoptou desde entón, así como as que vai tomar a partir de agora.

R., 2023-02-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES