Noticias

O futuro Centro de Produción de Terapias Avanzadas e o de Protonterapia, pedras angulares nos tratamentos oncolóxicos de Galicia de cara ao 2023

Estas ferramentas reforzan a recentemente presentada Estratexia de xestión do Cancro en Galicia 2022-2028, que aplica unha serie de medidas para conseguir que cada vez menos persoas enfermen de cancro e se incremente a supervivencia dos que padecen a enfermidade. Todo elo a través de accións que contemplan o fomento de estilos de vida saudables na poboación, os diagnósticos temperás, o uso de tecnoloxía punteira e tratamentos especializados e innovadores, así como a creación dunha rede colaborativa con atención primaria para a formación en determinadas patoloxías oncolóxicas.

O conselleiro de Sanidade destacou hoxe a aposta da Xunta por poñer a disposición da cidadanía o mellor equipamento de diagnóstico para combater o cancro. Julio García Comesaña, que clausurou hoxe no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela a exposición sobre cancro de mama triple negativo “Cuadros con esperanza”, referiuse a dúas ferramentas que situarán a Galicia no ano 2023 na vangarda en novos tratamentos: o Centro de Produción de Terapias Avanzadas, que suporá un impulso á atención personalizada dos pacientes, e o centro de Protonterapia, que utiliza unha nova técnica de protóns para radiar tumores e destruír células cancerosas.

Estas ferramentas, como salientou o conselleiro de Sanidade, reforzan a recentemente presentada Estratexia de xestión do Cancro en Galicia 2022-2028, que aplica unha serie de medidas para conseguir que cada vez menos persoas enfermen de cancro e se incremente a supervivencia dos que padecen a enfermidade. Todo elo a través de accións que contemplan o fomento de estilos de vida saudables na poboación, os diagnósticos temperás, o uso de tecnoloxía punteira e tratamentos especializados e innovadores, así como a creación dunha rede colaborativa con atención primaria para a formación en determinadas patoloxías oncolóxicas.

Julio García Comesaña agradeceu a invitación para coñecer o proxecto “Cuadros con esperanza”, que da a coñecer a historia de tres mulleres con cancro de mama triple negativo a través da innovación e a intelixencia artificial.

Neste sentido, insistiu na necesidade de traballar na prevención e detección temperá en todos os tipos de cancro e lembrou que Galicia é pioneira na introdución e extensión de cribados poboacionais coa posta en marcha, en 1998, do programa galego de detección precoz do cancro de mama, que xa chega ao 100% da poboación obxectivo. O conselleiro aproveitou para destacar que xa está instalado no hospital Gil Casares de Santiago de Compostela o novo mamógrafo para o cribado do programa galego de detección precoz de cancro de mama. Con 196.000 euros de investimento, este novo equipo contará con tecnoloxía dixital 3D, que mellora a taxa de detección e rebaixa o número de biopsias. No hospital compostelá foron exploradas o pasado ano 22.847 mulleres, cun índice de participación que acadou o 82,2%.

Tamén, referiuse ao programa de detección de cancro colorrectal, que botou a andar en 2013 e no que participaron máis de 500.000 persoas, ; e ao programa galego de detección precoz de cancro de cérvix, iniciado en 2019 en Lugo e activo tamén nas áreas de Ferrol e Pontevedra, que se estenderá a todas as áreas sanitarias no ano 2023.

Así mesmo, García Comesaña salientou a necesidade de aumentar a capacidade investigadora, e lembrou a recente presentación, no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, da Unidade de Ensaios Clínicos en Fases Temperás, unha das 17 unidades acreditadas do total de 39 que hai en toda España.

R., 2022-11-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (radio-na-biblio.jpg) O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüísticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxías da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Foto de la tercera plana (aitor-martinez.jpg) Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de Artesanía 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornería de madeira, resultou gañador na categoría Produto e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'Artesanía no Prato'.

Notas

O encontro 'Tecnoloxía en galego: resultados de ILENIA– Proxecto Nós' serviu para dar a coñecer os resultados dos últimos tres anos de traballo do Proxecto Nós no marco de ILENIA, unha iniciativa orientada a avanzar en recursos e capacidades en tecnoloxías lingüísticas, en particular para as linguas do Estado. Datos, casos de uso e ferramentas abertas de tradución automática, síntese de voz e modelos lingüísticos en galego déronse a coñecer neste foro que se desenvolveu no Centro de Estudos Avanzados.
O Centro de Arte Fundación Maria José Jove (FMJJ) en colaboración con Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña (UDC), celebran hoxe xoves a terceira edición do encontro Dentro–Fora, que se enmarca no programa de residencias artísticas que ambas as institucións desenvolven conxuntamente.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES