
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou na inauguración a singularidade desta retrospectiva bibliográfica pola oportunidade que nos dá, nun ano cunha ampla programación ao respecto, de visualizar o fenómeno xacobeo desde outra perspectiva, a da documentación que se xera ao seu arredor tanto no ámbito da organización e promoción como no eido da creación persoal inspirada no Camiño.
O director xeral de Cultura estivo acompañado no acto pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e polo comisario da mostra e técnico da Biblioteca de Galicia, Fernando Recamán, entre outras autoridades.
Da dimensión máis espiritual á máis turística
A mostra, que pode visitarse no vestíbulo da Biblioteca na Cidade da Cultura ata novembro, segue unha ordenación cronolóxica que comeza no 1954, cando o Ano Santo aínda era esencialmente unha manifestación de espiritualidade católica, sendo a seguinte parada a produción bibliográfica de 1965, onde xa destaca a grande implicación das administracións públicas na promoción do Camiño como evento turístico. Distínguense neste período as figuras do cardeal Quiroga Palacios por un lado e de Manuel Fraga Iribarne, naquel momento ministro de Información e Turismo, por outro.
Os xornais, libros e folletos das coleccións da Biblioteca serven de vehículo para recordar os anos xacobeos de 1971 e 1976, caracterizados por unha relativa calma, e o de 1982, protagonizado polo impacto da visita do Papa Xoán Pablo II, a única ata o momento dun Pontífice a Santiago nun Ano Santo.
Respecto dos xubileos posteriores, con especial notoriedade do celebrado no 93, búscase amosar a progresiva dimensión internacional acadada polo Camiño, unha internacionalización na que o Xacobeo, sen prescindir da dimensión turística promovida pola actuación institucional, vén de alcanzar unha dimensión espiritual que non se cingue a unha crenza relixiosa determinada.
Entre a documentación atópase o número do ano 1954 da revista Atlántida dedicado ao Ano Santo, con ilustracións de Lugrís, ou unha carta pastoral do cardeal Quiroga Palacios dese mesmo ano. Tamén se expón o pregón pronunciado no 82 por Camilo José Cela ou publicacións do Xacobeo 93 onde se popularizou a mascota do Pelegrín. Os materiais amosan, ademais, exemplos da produción literaria e fílmica ao redor do Camiño, con algúns best seller e películas de éxito, e as programacións de tipo lúdico que empezaron a potenciar os grandes concertos.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.