
Estas 14 especialidades son: arte urbana, artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.
A plataforma deste museo permite explorar as obras premiadas no certame desde 2018 por especialidade e por ano de participación. Tamén se pode buscar, no apartado de "Explora" por autor. Deste xeito, a través dela a Xunta de Galicia recoñece o esforzo e a calidade das propostas da xuventude e, ademais, amosa á cidadanía todo o seu potencial.
Así mesmo, o obxectivo principal desta nova web é incrementar as oportunidades destes mozos para continuar a súa carreira artística de cara a abrirlles novas portas en salas de concertos, museos, teatros ou auditorios, por exemplo. De feito, esta non é a única estratexia de difusión do talento da mocidade realizada pola Administración autonómica, que tamén ten en marcha unha exposición itinerante cos mellores traballos presentados a este programa para promover por toda Galicia o talento xuvenil. Así mesmo, as primeiro e segundo premio de Música da edición pasada, Alicia Otero e Marián Romero, respectivamente, actuaron en Atardeceres no Gaiás este pasado xoves.
Máis de 4000 mozos participantes
En Xuventude Crea, que pechou a comezos deste agosto a convocatoria da súa XIII edición, levan participado máis de 4000 mozos e mozas con preto de 3000 proxectos artísticos. Os gañadores en cada categoría reciben un primeiro premio de 3000, un segundo de 1500 e un terceiro de 1000. Ademais, poden optar a diversas mencións de honra.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.