Noticias

Galicia rexistrou un mes de xullo moi seco e extremadamente cálido, cunha vaga de calor histórica entre os días 11 e 15

Galicia rexistrou un mes de xullo moi seco no que respecta ás precipitacións e extremadamente cálido en canto ás temperaturas, cunha vaga de calor histórica entre os días 11 e 15, segundo conclúe o avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia. Segundo os datos de 11 estacións meteorolóxicas representativas, a anomalía media da temperatura para este mes foi de +2,7 ºC. As temperaturas máximas (+3,9 ºC) foron extremadamente cálidas mentres que as mínimas (+1,54 ºC) foron moi cálidas. Tanto nas máximas como nas medias a anomalía en xullo foi a máis elevada da serie desde 1981.

Máis polo miúdo, o valor medio das temperaturas máximas foi de 28,1 ºC. As máis altas rexistráronse nas ribeiras do Sil, no Miño ourensán e na comarca de Verín, con valores próximos aos 36 ºC. Pola contra, os valores máis baixos déronse na Mariña luguesa e na comarca de Ortegal, con valores próximos aos 18,4 ºC.

En canto ás temperaturas mínimas, o valor medio foi de 14,6 ºC. Os valores máis baixos rexistráronse na comarca da Limia, acadándose localmente os 8,4 ºC, e os máis altos déronse no sur da provincia de Pontevedra, onde localidades do Condado e da comarca de Vigo chegaron a acadar os 18,9 ºC.

Chuvias escasas e moi desiguais

No que respecta ás precipitacións, a anomalía media, obtida a partir dos datos de 16 estacións meteorolóxicas representativas, foi un 66% inferior ao valor climático normal, o que fai que poida considerarse este mes como moi seco.

As chuvias foron escasas en xeral e o seu reparto foi moi desigual porque a maior parte das precipitacións tiveron un carácter convectivo. As máis importantes sucederon na mañá do día 3 e na tarde-noite do 14, pero non afectaron por igual a todas as comarcas. Algúns lugares quedaron con precipitacións moi escasas ou mesmo nulas e outros puntos achegáronse á normalidade e mesmo foron húmidos.

A precipitación media acumulada foi de 11 l/m2, rexistrándose as maiores acumulacións na Terra de Lemos e nalgunhas localidades de Terra de Caldelas, Allariz-Maceda e o norte da comarca da Limia con valores que puntualmente acadaron os 82 l/m2. Os valores máis baixos tiveron lugar nas comarcas de Vigo e O Condado, chegando localmente a non rexistrar precipitación.

A grande anomalía positiva nas temperaturas e a escaseza de precipitacións teñen a súa explicación nas altas presións, que foron predominantes durante o pasado mes impedindo a chegada de influencias atlánticas e achegando masas de aire moi cálido procedentes no norte de África e do sur da península Ibérica.

Vaga de calor histórica

Tamén cómpre salientar que entre os días 11 e 15 de xullo, Galicia viviu unha vaga de calor histórica xa que á presencia de altas presións ao norte da península Ibérica engadiuse unha DANA localizada entre a península e as Azores, que impulsaba aire aínda máis cálido cara á Comunidade.

As temperaturas superaron neses días os 40 ºC en moitos puntos de Galicia, destacando os 44 ºC rexistrados en Ourense na tarde do día 14. Ademais, esa tarde produciuse un Sistema Convectivo de Mesoescala. Unha área de tormentas no norte de Portugal disparou de xeito súbito e rápido un área tormentosa do tamaño de Galicia que en menos de 4 horas deixou máis de 6.000 raios.

R., 2022-08-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES