Noticias

A mellor maxia do mundo chegará entre o 1 de agosto e o 15 de outubro aos principais teatros de Galicia

Algunhas das propostas estrelas do festival serán as galas de maxia internacionais nas 7 grandes cidades galegas, os retos de maxia extrema en localizacións emblemáticas tamén nas principais cidades da comunidade, os espectáculos de maxia nas unidades de pediatría dos principais hospitais galegos e ademais levarase a cabo unha xira de maxia na rúa con espectáculos en máis de 100 concellos de Galicia. En total terán lugar 220 actuacións con máis de 30 artistas e concretamente, na provincia da Coruña estes espectáculos chegarán a 33 concellos, na oportunidade de poder ver nos principais teatros de Galicia a mellor calidade posible e os números máis premiados e recoñecidos por ilusionistas de todo o mundo.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor,recibiu aos organizadores do festival “Galicia Ilusiona”, Dani Polo e Pedro Bugarín, que traerá aos mellores magos do mundo a nosa comunidade entre o 1 de agosto e o 15 outubro.

O delegado da Xunta destacou que estamos ante un proxecto pioneiro, un festival de ilusionismo que abranguerá toda a comunidade autónoma galega e que pretende ser un referente dentro do mundo da maxia.

Os organizadores agradeceron o apoio que recibiron por parte da Xunta de Galicia para facer realidade este proxecto que se inclúe dentro da programación do Xacobeo.

No encontro explicaron algunhas das propostas estrelas do festival como serán as galas de maxia internacionais nas 7 grandes cidades galegas, os retos de maxia extrema en localizacións emblemáticas tamén nas principais cidades da comunidade, os espectáculos de maxia nas unidades de pediatría dos principais hospitais galegos e ademais levarase a cabo unha xira de maxia na rúa con espectáculos en máis de 100 concellos de Galicia.

Na cidade da Coruña o Desafío Extremo terá lugar o 6 de agosto no Parrote e o Gala de Maxia o 10 de setembro en Palexco.

En total terán lugar 220 actuacións con máis de 30 artistas e concretamente, na provincia da Coruña estes espectáculos chegarán a 33 concellos, e na comarca da Coruña, ademais da cidade, aos concellos de Culleredo, Sada, Cambre, Arteixo, Betanzos e Oleiros.

Trenor animou a todos os galegos a descubrir o amplo programa porque “teremos a oportunidade de poder ver nos principais teatros de Galicia a mellor calidade posible e os números máis premiados e recoñecidos por ilusionistas de todo o mundo. Para consultar toda a información e compra de entradas en: www.galiciailusiona.es

R., 2022-07-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES