Noticias

O Noroeste Estrela Galicia programa 17 artistas que encherán de música con denominación galega os dez escenarios do festival

A 35 edición do festival Noroeste Estrella Galicia encherá de boa música a cidade da Coruña entre 10 e o 14 de agosto, con 49 bandas, 51 concertos e 10 escenarios espallados por toda a cidade para darlle un carácter máis universal para chegar a todas as zonas da cidade. Estarán, entre outros, Baiuca e Zahara (Riazor), Dios ke che crew (Santa Margarita), Miguel Costas e Familia Caamagno (Campo da Leña), Néstor Pardo e Alfredo García (Plaza de Azcárraga), Nara is Neus & Sasha Smirnov, Musculo e CRNDS (Fundación Luís Seoane), Uxía Pedreira (Castillo de San Antón), Antonio Placer (Casa Casares Quiroga), Toccoro e Judah (A Cormelana), Festicultores e Brasica Rapa e moitos máis.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá, na presentación do festival Noroeste Estrella Galicia que encherá de boa música á cidade da Coruña entre 10 e o 14 de agosto. Trenor destacou que este festival forma parte do ADN dos coruñeses xa que este ano celebramos a súa 35 edición. Neste senso, subliñou que contaremos con 49 bandas, 51 concertos, 18 dos cales contarán co apoio da Xunta, e 10 escenarios espallados por toda a cidade para darlle un carácter máis universal para chegar a todas as zonas da cidade.

Por iso a Xunta, a través do máis ambicioso Xacobeo xamais vivido, tiña que estar, tamén co Festival Noroeste Estrela Galicia que chega á súa trixésimo quinta edición. “Non hai moitos acontecementos musicais en España que poidan presumir de algo semellante. A Xunta quixo que a súa participación nesta cita musical sirva, dalgunha forma, para recuperar e conservar aquel primeiro espírito de apoio e impulso aos artistas locais”, destacou Trenor.

Por iso, o Xacobeo cristaliza a súa presenza no Festival Noroeste Estrela Galicia patrocinando a presenza no cartel de: Baiuca e Zahara en Riazor, Dios ke che crew (Santa Margarita), Miguel Costas e Familia Caamagno (Campo da Leña), Néstor Pardo e Alfredo García (Plaza de Azcárraga), Nara is Neus & Sasha Smirnov, Musculo e CRNDS (Fundación Luís Seoane), Uxía Pedreira (Castillo de San Antón), Antonio Placer (Casa Casares Quiroga), Toccoro e Judah (A Cormelana), Festicultores e Brasica Rapa (Pasacalles en Torreiro, Alicia Carrera e Teresa Ferreiro (Escenario Sellier).

Trenor subliñou que “apoiamos a presenza de 18 artistas sobre un total de 49, todos eles ―salvo a andaluza Zahara― con denominación de orixe galega. Por tanto, a Xunta de Galicia, a través do Xacobeo, mantén aquel espírito iniciático deste festival de hai 35 anos co seu compoñente de promoción da música local”.

O representante do Goberno galego subliñou a novidade de que nesta edición incluirase o peirao de Transatlánticos entre os dez escenarios elixidos para esta edición do Festival, nun paso máis cara a ese anhelo de decenas de miles de coruñeses de abrir á cidade e aos cidadáns o mar polos seus catro puntos cardinais. “Coa presenza do Porto, a música envolverá A Coruña durante cinco días nunha sinfonía de estilos e de propostas da que ningún coruñés poderá escapar porque ningún coruñés quererá escapar”, apuntou.

R., 2022-07-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES