Noticias

Galicia contará cun dispositivo extraordinario de Protección Civil ante a vaga de lumes para garantir a atención e o apoio necesario ás persoas afectadas

No marco deste dispositivo extraordinario crearanse equipos de voluntarios de Protección Civil integrados nos Postos de Mando Avanzados (PMA) da Pobra do Brollón e do Barco de Valdeorras, que contarán cun coordinador encargado de organizar os membros de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de toda a comunidade en labores de apoio e loxística. A estes puntos deberán trasladarse as persoas desaloxadas por mor dos incendios e que precisan volver ás súas vivendas, tanto as que están aloxadas en pavillóns e lugares habilitados como en vivendas de familiares ou persoas achegadas.

A Xunta porá en marcha un dispositivo extraordinario de Protección Civil para prestar a atención necesaria ás persoas desaloxadas das súas vivendas ante a vaga de lumes, ademais do apoio necesario á veciñanza. Trátase da primeira vez que se organiza un operativo destas características tendo en conta a situación extraordinaria derivada dunha situación climatolóxica anómala, e así llo trasladou hoxe o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, aos alcaldes dos concellos das provincias de Lugo e Ourense nos que se están a rexistrar os incendios, aos que solicitou a súa colaboración para trasladar á poboación os detalles deste operativo.

No marco deste dispositivo extraordinario crearanse equipos de voluntarios de Protección Civil integrados nos Postos de Mando Avanzados (PMA) da Pobra do Brollón e do Barco de Valdeorras, que contarán cun coordinador encargado de organizar os membros de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de toda a comunidade en labores de apoio e loxística.

A estes puntos deberán trasladarse as persoas desaloxadas por mor dos incendios e que precisan volver ás súas vivendas, tanto as que están aloxadas en pavillóns e lugares habilitados como en vivendas de familiares ou persoas achegadas.

Cómpre aclarar que non poderán facelo sos e deben acudir sempre aos dous puntos habilitados para solicitar entrar nas súas vivendas. Nesta liña, Diego Calvo apelou á concienciación da poboación para que comunique aos equipos de Protección Civil nos postos da Pobra do Brollón e do Barco de Valdeorras a axuda que precisen.

Os traslados deste tipo terán que ser sempre autorizados polo posto de mando tendo en conta a situación dos lumes en cada momento. No caso de ser posible a visita, os efectivos de Protección Civil encargaranse de acompañar as persoas autorizadas a visitar os seus fogares co obxectivo de garantir a súa seguridade. Deste xeito, evítase que a cidadanía se poña en risco e que se lles ocasionen incidencias aos profesionais que traballan na extinción dos lumes mentres estes seguen activos.

Coordinación entre os efectivos

O vicepresidente segundo da Xunta trasladou esta información aos municipios afectados polos incendios en dúas reunións celebradas hoxe xunto co director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva. Un dos encontros levouse a cabo no PMA da Pobra do Brollón co alcalde deste concello e con representantes municipais de Folgoso, Triacastela, Quiroga e Ribas de Sil, así como coa responsable das AVPC da provincia de Lugo que se encargará da coordinación dos equipos de voluntarios desde este posto. Na outra reunión celebrada no PMA do Barco de Valdeorras participaron o rexedor deste municipio e representantes dos concellos de Carballeda, Vilamartín de Valdeorras, A Veiga e Rubiá.

Diego Calvo puxo en valor o traballo altruísta dos voluntarios das catro provincias que se trasladaron ás zonas afectadas para prestar un apoio imprescindible á cidadanía con labores complementarios ás tarefas de extinción. Tamén agradeceu a colaboración e coordinación entre os efectivos de emerxencias e os corpos de seguridade que levan traballando arreo estes días para controlar os incendios.

r, 2022-07-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES