
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou, esta mañá, na presentación do cartel do Festival Neox Music Day que será un referente ‑nesta segunda edición‑ da música urbana xa que contará coa participación dos artistas deste estilo de música de maior renome de ámbito nacional e internacional.
Estamos a falar dun cartel composto por: Bizarrap, Hijos de la Ruina, Rels B, Bad Gyal, Ptazeta, Quevedo, D.L.Blando.
Trenor destacou que este festival terá, sen dúbida, un gran éxito de público e forma parte xa dos espectáculos con máis demanda do programación de festas da Coruña.
A súa montaxe, en Expocoruña, engadirá un atractivo especial, tanto a nivel de condición acústicas como para poder sentir aos artistas na proximidade, factores ambos que darán un toque especial e peculiar ao festival.
O representante do Goberno galego lembrou que a Xunta de Galicia vai estar presente, entre os meses de xullo e agosto, nos principais concertos e festivais que se celebrarán na cidade. Así, os concertos de Luis Fonsi, Rosalía e Simple Mind e os festivais de Noroeste e Neox Music Day, reciben cofinanciamento da Xunta o que permitirá contar con arredor de 50 artistas de primeiro nivel.
Neste senso, subliñou que investir en cultura e en eventos musicais é investir na cidade, polo que destacou o enorme revulsivo que estes concertos suporán para todos os profesionais da cultura e, por extensión ao conxunto da economía na cidade da Coruña.
Trenor, incidiu en que todo este esforzo vai a contribuír a que o Ano Santo sexa un verdadeiro dinamizador e un multiplicador tanto da actividade como do consumo cultural na Coruña. Estou convencido de que a cidade terá uns datos de visitantes récord e as aportacións da Xunta será unha das claves dese éxito. Calquera evento que se presente baixo o paraugas da marca Xacobeo ten garantido o éxito e agardamos que as propostas que estamos presentando estes días axuden a que os coruñeses volvan a desfrutar dun verano único cheo de boa música, rematou.
Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.