
A representante da Xunta apelou á necesidade de adoptar decisións de xeito ben meditado e contando con datos detallados para evitar situacións como a xerada tamén pola obriga de desembarque. Nese caso, indicou, adoptouse esta medida como se a devolución do peixe ao mar fose unha decisión deliberada dos pescadores cando se debía á imposibilidade de capturalo pola escaseza de posibilidades de pesca.
Os representantes do sector do mar trasladáronlle o alto grao de compromiso e responsabilidade da frota galega no cumprimento das normas para desenvolver unha pesca sustentable que garanta o seu futuro. Neste sentido, a titular de Mar salientou a importancia de que o sector, os científicos e as administracións traballen unidos coa finalidade de manter viva unha actividade que produce alimentos de calidade e é fundamental para Galicia pois incide na maioría das ramas económicas da comunidade.
Por iso, a representante do Executivo galego agradeceu á directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea a súa disposición a escoitar os problemas do sector directamente da voz dos seus protagonistas. Ao mesmo tempo, expuxo o seu desexo de que ese intercambio de opinións lle permitise facerse unha idea máis real do que é o complexo mar-industria galego e así as medidas que se adopten a partir de agora desde Bruxelas sexan máis acordes á súa realidade, facilitando o desenvolvemento da actividade.
Neste sentido, a conselleira subliñou que se tratou dunha reunión -na que tamén estivo a secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz- moi frutífera para coñecer os problemas e necesidades dun sector que aposta polo seu futuro e que emprega directamente a máis de 20.000 persoas, unha cifra que se multiplica por máis de catro engadindo os postos de traballo indirectos.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.