
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, presentou a programación da segunda edición do programa Primavera Xove. Esta iniciativa estará conformada por tres formatos de acción diferentes que se desenvolverán durante os meses de abril e maio e que están dirixidos a ofrecer alternativas de ocio a mozas e mozos a partir dos 14 anos.
A directora xeral salientou a importancia destas actividades, postas en marcha por primeira vez o ano pasado para garantir que a xuventude manteña un ocio seguro ao tempo que segue desfrutando de foros formativos e de espazos de entretemento. A oferta desta nova edición distínguese entre o programa de Semana Santa e de fin de semana en albergues xuvenís, os encontros formativos e de networking nos campus universitarios, e as Feiras Primavera Xove nos 12 espazos xoves dependentes da Xunta de Galicia.
Todas as medidas levaranse a cabo seguindo as medidas de prevención, seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias. No que respecta ao primeiro grupo de actividades, os interesados deberán inscribirse a través dun formulario que se pode cubrir directamente na páxina web xuventude.xunta.es. As prazas serán asignadas por estrita orde de chegada dos formularios.
Estadías de fin de semana e feiras
Ofértanse un total de 600 prazas en distintas instalacións, como o albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo), o albergue xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa), o albergue Marina Española (Sada), o albergue xuvenil Area (Viveiro), o campamento xuvenil de Pontemaril (Forcarei) o albergue xuvenil Lug 2 (Lugo), a Residencia de Tempo Libre do Carballiño ou a estación de montaña de Manzaneda (A Pobra de Trives). As persoas ás que se lles adxudique unha praza deberán aboar un prezo de 25 euros para as actividades de fin de semana e de 150 euros para as de Semana Santa.
As feiras nos 12 espazos xoves da Xunta permitirán atraer charlas de persoas inspiradoras para a xuventude como Lucas Requejo, da asociación Prato_do; Luis Veira, do restaurante coruñés Árbore da Veira; ou Fon Barreiro, creador de banda deseñada. Tamén se realizarán obradoiros sobre distintas disciplinas como graffiti, tenis de mesa, fotografía, cociña ou Tik-Tok.
Actividades nos campus universitarios
Así mesmo, cada xornada nos campus universitarios, dirixidas á mocidade de 18 a 30 anos, estará enfocada nun ámbito concreto e os relatores serán profesionais galegos de relevancia en cada un dos eidos. Concretamente, ofertaranse 5 tipos de actividades diferentes, que percorrerán os campus da Coruña, Santiago, Vigo e Ourense ao longo de 5 mércores dos meses de abril e maio. As temáticas das accións serán as seguintes: Innovación e innovadores no mundo dixital, Medioambiente e sostibilidade, Educación emocional, Talento mozo e Cultura e creatividade. Nos vindeiros días abriranse as inscricións.
A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia Pajarito, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.