Noticias

O outono comeza ás 21.21 horas deste mércores 22 de setembro

Este mércores día 22 de setembro ás 21.21 horas comeza o outono no hemisferio boreal. Nese intre, o Sol estará no punto Libra da eclíptica atravesando o plano do ecuador dende o hemisferio norte da esfera celeste cara ao sur. A nova estación vaise prolongar ata as 16.59 horas do 21 de decembro, momento en que terá lugar o solsticio de inverno. 'De forma semellante ao que acontece cando se inicia a primavera, estamos en datas nas que teoricamente a noite e o día teñen a mesma duración, de aí a orixe da palabra equinoccio coa que se coñecen estas dúas épocas do ano', explica o responsable do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo.

Entre os fenómenos astronómicos máis salientables deste outono destaca a choiva de estrelas Xemínidas, unha das máis importantes do ano e que terá o seu máximo o 14 de decembro. “Nesta ocasión, coa Lúa pasada a fase crecente, vai ser máis complicado poder observar os máis de cen meteoros/hora previstos para os intervalos de máxima actividade”, sinala o profesor Docobo. Outras choivas de estrelas, como as Oriónidas de outubro ou as Leónidas de novembro presentarán menor intensidade.

“Xúpiter e Saturno, que agora pódense ver perfectamente a simple vista cara ao sueste a primeiras horas da noite, vanse poder observar durante todas as noites desta nova estación”, continúa Docobo. A Lúa estará “aparentemente preto” de ditos planetas durante uns días en cada un dos vindeiros meses, nomeadamente nos intervalos de tempo comprendidos do 12 ao 16 de outubro, do 9 ao 12 de novembro, e do 7 ao 10 de decembro. “Cómpre asemade destacar a conxunción Lúa-Venus preto da estrela Antares no solpor do 9 de outubro”, matiza o investigador da USC. Xusto antes do amencer do 10 de novembro, polo leste, sairán xuntos os planetas Mercurio e Marte, e nas derradeiras semanas do outono “asistiremos a unha curiosa aliñación de Xúpiter, Saturno e Venus, logo do solpor”.

A eclipse total de Sol do 4 de decembro só poderá verse en Sudáfrica, na Antártida, e no Atlántico sur. Porén, dende Galicia, será posible observar os primeiros momentos da eclipse parcial de Lúa do 19 de novembro, coa Lúa poñéndose cara o oeste. En torno aos días 8 de outubro, 5 de novembro e 4 de decembro, agárdanse mareas vivas ao coincidir a mínima distancia Terra-Lúa (perixeo lunar) co novilunio.

Verán nebuloso en Compostela

En canto á meteoroloxía, o verán en Compostela foi máis ben seco pero con bastante nebulosidade, sobre todo en xullo. As temperaturas tamén foron modestas con só seis días por riba dos trinta graos. A máxima tivo lugar o 17 de xullo con 35º, seguidos dos 33º4 do dia anterior. En agosto foron os dias 13, 24 e 27, con 30º5, 30º7 e 31º3, respectivamente, mentres que o 5 de setembro alcanzáronse 30º2. A máxima máis baixa correspondeulle ao 5 de xullo con só 17º5.

En canto ás temperaturas mínimas, a máis baixa foron os 9º9 do 18 de setembro e a máis elevada, a rexistrada o 5 de setembro, 19º5. Xullo foi tamén un mes de pouca insolación, algo máis de 209 horas, 63 menos que agosto. A chuvia estivo presente en 36 xornadas, se ben en once delas foi inapreciable (menos de 0,1 l/m2), destacando os 81,2 l/m2 das tres primeiras semanas de setembro, logo os 29,8 l/m2 de xullo, os 18,6 l/m2 de agosto, e os 5,2 de finais de xuño.

R., 2021-09-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES