
Logo dos encontros de marzo e de xuño pasado, esta terceira entrega do festival arranca con dúas accións poéticas de estéticas moi marcadas. O ruído do lume (A palabra en combustión de dez poetas galegas) é o título do recital que acollerá o Teatro Principal mañá martes a partir das 19,30 horas. Trátase dun acontecemento único que subirá ao escenario o fío interxeracional feminino máis prodixioso da literatura galega: Alba Cid, Andrea Nunes, Miriam Ferradáns, Yolanda Castaño, Elvira Ribeiro, Eva Veiga, Olga Novo, Chus Pato, Luz Pichel e Luz Fandiño.
As persoas interesadas en asistir a esta primeira xornada deberán retirar as entradas o propio día na Sala C da Praza de Cervantes (de 11,00 a 14,00 h ou a partir das 16,00 h), na páxina web compostelacultura.gal ou no despacho de billetes do propio Teatro Principal a partir das 18.30 h. As entradas serán gratuítas e non permiten reserva previa.
Para a segunda xornada, o mércores día 22, o festival recupera a sección Atravesei a cerca, que esta vez deixa atrás o edificio do teatro para esculcar outros recantos da cidade. O percorrido comezará no xardín do restaurante A Maceta ás 19:30 horas cos versos de Séchu Sende e continuará na terraza do centro sociocultural da Trisca co performer e activista aragonés Javier Peñafiel. A terceira entrega do festival rematará co recital da poeta navarra Castilo Suárez no museo de Berto Leis, da rúa Pablo Leis. As 25 prazas dispoñibles para asistir distribuiranse por orde de chegada ao xardín da Maceta.
O festival
Alguén que respira! é unha iniciativa do Concello de Santiago en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia para apoiar a poesía en todas as súas expresións.
Baixo a dirección do poeta monfortino Antón Lopo, este ano chega á súa cuarta edición, articulada de maneira excepcional ao longo do ano en catro citas que coinciden sempre cos solsticios e equinoccios. O pasado 21 de marzo, Día Mundial da Poesía e equinoccio de primavera, quedou inaugurada a primeira xornada, + ou 21 (anos), cun manifesto de Manuel Rivas. A segunda celebrouse o 21 de xuño coincidindo co solsticio de verán. O festival do 2021 clausurarase o próximo 21 de decembro tras un ano de actividade.
A Xunta iniciou hoxe nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos. En Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a que está indicada a inmunización fronte á covid. A campaña prolongarase ata o 31 de decembro, desenvolvéndose de xeito progresivo nos distintos colectivos e grupos de idade. Así, logo do arranque de hoxe nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o vindeiro día 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios.
O informe de balance do programa de axudas para a Atracción de Empresas a Galicia, unha liña xestionada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape que se consolida como un piar estable dentro da estratexia económica do Goberno galego, reflicte que entre os anos 2024 e 2026, este programa permitiu a concesión de 74,08 millóns de euros en subvencións públicas, unha contía que impulsou a posta en marcha de 96 proxectos empresariais e que xerará un impacto económico total de 256,75 millóns de euros en mobilización de investimento privado.