Noticias

Inaugurada en Ourense 'Castelao grafista (Facsímil)', unha proposta que reúne unha ampla selección das múltiples facetas desenvolvidas por Castelao

'Castelao grafista (facsímil)' é unha proposta que reúne unha ampla selección das múltiples facetas desenvolvidas por Castelao: textos, ilustracións, deseños, fotografías, publicacións, etcétera. O obxectivo é facelo máis visible internacionalmente e establecer unha rede de bibliotecas nas que se poida consultar e estudar a súa obra. Conforman a mostra 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas, 89 debuxos da serie Cousas dá vida e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais poderase ler o texto orixinal do Albún Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos libros de Castelao, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.

'A vida de Castelao é un manifesto multixénero de comunicación e enxalzamento da memoria, a identidade e a singularidade do pobo galego, pois entendo que poucos artistas exerceron unha autoridade por encima das correntes do seu país como así o fixo Castelao'. Deste xeito, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, referiuse á figura de Castelao na inauguración da exposición 'Castelao grafista (facsímil)', que se vén de abrir esta mañá no local da Afundación Obra Social ABANCA da capital das Burgas.

Para o delegado territorial, Castelao posuía o don persoal da comunicación; e desde a perspectiva dese don, desenvolveu esa calidade para comunicarse cos demais coa maior sinxeleza e a maior beleza, transmitindo espontaneamente as imaxes, os ditos, as mostras populares de expresión, que se tiñan adherido aos recordos, ás evocacións, e ás súas vivencias diarias que adoitaba madurar con paciencia e reflexión no seu interior.

Gabriel Alén subliñou que a verdadeira paixón de Castelao era Galicia, pois aínda que exercera de “caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político; oficios todos que exerceu con mestría. Pero si a cada un e nos se nos preguntase realmente cal foi a profesión e a ocupación de Castelao, teño o convencemento que todos coincidiriamos na resposta, e que aquí, neste certame, se manifesta con claridade: Galicia”, sentenciou o delegado territorial.

Para Castelao -subliñou Gabriel Alén- a vida está chea de senso, aínda que os homes se empeñen en envolvela e confundila; el era da idea que o que ha de vir sempre será mellor co que xa está vido. Desde esa continxencia −continuou o delegado territorial− ningún fenómeno artístico, nin político da época foi alleo á súa curiosidade. Tanto é así, que a vida de Castelao, ademais de ter sido unha parte prioritaria dos temas da súa obra, foi creada por el con coidadoso agarimo; e vida e obra confúndense a miúdo nalgúns dos autorretratos dos seus óleos e debuxos como nalgunhas narracións de ‘Retrincos’ ou de ‘Cousas’; e que nesta magnífica exposición quedan reflectidas.

A exposición

‘Castelao grafista (facsímil)’ é unha proposta que reúne unha ampla selección das múltiples facetas desenvolvidas por Castelao: textos, ilustracións, deseños, fotografías, publicacións, etcétera. O obxectivo é facelo máis visible internacionalmente e establecer unha rede de bibliotecas nas que se poida consultar e estudar a súa obra.

Conforman a mostra 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas, 89 debuxos da serie Cousas dá vida e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais poderase ler o texto orixinal do Albún Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos libros de Castelao, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.

R., 2021-05-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES