
Tal e como lembrou a titular de Emprego, o 97% do tecido empresarial galego está conformado por traballadores autónomos e microempresas. Imos tentar modular o importe das axudas para que chegue ao maior número posible e non queden prexudicados no reparto os negocios mais pequenos, especificou Lorenzana.
Queremos reservar crédito para os autónomos, microempresas e negocios con ata 25 traballadores,, especificou a conselleira. Na mesma liña indicou que se traballará para poder axustar as axudas con máis cartos canta maior perda de facturación teñan rexistrado os negocios e canto maior sexa o número de persoas traballadoras contratadas.
Unha vez máis a conselleira recalcou que os 234 millóns concedidos a Galicia son escasos.
Trátase do 4% dos 5.000 millóns que o Goberno central reparte con criterios dubidosos entre as comunidades peninsulares, indicou, cando nos fondos de emprego vimos recibindo un 8%.
O 3º plan de rescate galego ampliará as axudas a todos os sectores de actividade económica que teñan sido afectados pola crise, facendo uso da flexibilidade que o Estado deixou finalmente ás Comunidades Autónomas tras limitar os pagos a sectores concretos.
Anticipos das axudas
María Jesús Lorenzana, por outra banda, adiantou hoxe que para axilizar a inxección de liquidez ao empresariado galego, a Xunta adiantará o 100% da axuda mediante a presentación dunha declaración responsable por parte dos solicitantes, tal e como xa se fixo nos dous plans de rescate realizados ata agora con fondo autonómicos.
Estamos nun momento de extraordinaria dificultade e temos que seguir rescatando os sectores coa vista posta na saída da crise, tentando manter todos os negocios posibles para preservar o emprego, concluíu.
A conselleira, por último, remarcou o carácter consensuado que ao igual que os anteriores plans terá este 3º rescate. Non queremos un 3º plan de rescate deseñado unilateralmente, son os axentes sociais e económicos quen coñecen os sectores e os que nos trasladan criterios que funcionan, aseverou.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.