Noticias

Galicia conta cunha folla de ruta propia coa que afrontar os efectos do cambio climático na comunidade

A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez Castellanos, salientou hoxe que Galicia xa conta cunha folla de ruta propia coa que mitigar os efectos do cambio climático na Comunidade, a Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050, que foi aprobada hai ano e medio. A directora xeral participou esta mañá na xornada divulgativa Ferramentas para a adaptación ao cambio climático, no marco do proxecto Life Shara, onde destacou que a Estratexia elaborada polo Goberno galego ten como obxectivo global acadar a neutralidade climática de Galicia antes do ano 2050.

“Para conseguilo apóstase pola implementación de enerxías renovables, o aproveitamento da absorción de CO2 dos montes galegos e a mellora da eficiencia enerxética en todos os sectores”, subliñou.

Galicia xa leva tempo preparada na loita contra este fenómeno e, de feito, fixo unha serie de alegacións á Lei estatal de cambio climático que non foron atendidas. Nesta liña, a Consellería lamenta que non se contara na súa elaboración coa participación do Goberno galego, cuxa Estratexia é máis ambiciosa, e que non se atenderan ata o de agora as reiteradas peticións de modificar a devandita norma.

Segundo Pérez Castellanos, a folla de ruta da Xunta tamén prevé outros tres ámbitos de actuación: a adaptación aos efectos do cambio climático, a sensibilización da cidadanía e a investigación e a innovación.

A modo de exemplo, citou o traballo que se está a realizar no reforzo da monitorización dos efectos do cambio climático sobre o territorio galego e na mellora de mecanismos de resposta fronte os eventos climáticos extremos son parte fundamental das pautas de adaptación.

Así mesmo, puxo en valor o labor que se realiza na Comunidade grazas á existencia dunha infraestrutura de observación meteorolóxica e océano-meteorolóxica que permite dispoñer de series históricas de datos, que facilitan a avaliación dos impactos de cambio climático. Estas series e modelos matemáticos de predición en atmosfera e mar son un apoio importante á hora de poñer en marcha ferramentas específicas de apoio á xestión de fenómenos adversos.

A directora xeral tamén destacou que desde o ano 2016 Galicia conta cunha ferramenta de apoio á avaliación dos efectos do cambio climático, un visor de escenario climáticos que permite coñecer os cambios esperados en 22 índices relacionados coa temperatura e a precipitación en función da redución das emisións de gases de efecto invernadoiro. Este visor está baseado en datos diarios e permite a consulta por concello, pois “a adaptación deste fenómeno global debe abordarse desde o eido rexional e local”. Nese sentido, engadiu que as rexións, e Galicia en concreto, traballan con moita máis anticipación que o propio Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

Por último, a directora agradeceu a oportunidade de participación nesta xornada na que se pode poñer en valor o traballo que se realiza desde a Xunta e que permite achegar un gran de area aos obxectivos fixados no proxecto Life Shara, como dar a coñecer a importancia e relevancia da adaptación ao cambio climático e o aproveitamento de sinerxías e recursos para analizar os impactos do derivados e compartir as medidas que os eviten ou limiten.

R., 2021-04-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES