Noticias

Sanidade confirma a estabilización dos datos epidemiolóxicos de Galicia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou está mañá en rolda de prensa da situación de estabilidade que reflicten os datos epidemiolóxicos de Galicia. Trala xuntanza do grupo de expertos que avalía a evolución da covid-19 en Galicia, o titular da carteira sanitaria da Xunta apuntou que “o descenso da curva de casos xa non amosa un descenso tan pronunciado como nas últimas semanas, polo que podemos falar dunha situación de meseta a nivel epidemiolóxico”. Das 96.590 persoas citadas que pertencen aos colectivos de profesionais esencias, 67.700 persoas xa foron vacinadas, unha cifra que representa ao redor do 70% do seu total.

Durante a súa intervención, García Comesaña remarcou que nestes intres se está a iniciar unha fase transcendente de cara á futura evolución do coronavirus en Galicia, polo que apelou á “prudencia, a responsabilidade e a cumprimento estrito da medidas hixiénico-sanitarias establecidas”. Neste sentido, incidiu en que é preciso reducir, na medida do posible, todos aqueles desprazamentos que non sexan imprescindibles. “Canto menos risco, máis saúde” apostilou.

Sobre o proceso de vacinación, o conselleiro de Sanidade destacou que “a prioridade número un en termos de vacinación para a Xunta seguen a ser as persoas maiores de 80 anos”. Así, detallou que nestes intres 98.216 persoas pertencentes a este grupo de idade xa foron vacinadas e, delas, 36.185 xa recibiron a pauta completa.

O responsable do departamento sanitario galego tamén apuntou que das 96.590 persoas citadas que pertencen aos colectivos de profesionais esencias, 67.700 persoas xa foron vacinadas, unha cifra que representa ao redor do 70% do seu total. Ademais, salientou que o Sergas continuará a realizar cribados nos concellos que presenten unha maior incidencia acumulada nas vindeira datas, coa intención de detectar novos casos asintomáticos.

Pola súa banda, o xerente do Sergas, José Flores, repasou a presión asistencial dos centros sanitarios galegos. Neste senso, explicou que na actualidade son 198 as unidades de hospitalización ocupadas por pacientes covid-19 (un 17%% menos que hai unha semana), e que 39 pacientes precisan de asistencia nas unidades de coidados intensivos (un 35% menos que a cifra rexistrada hai sete días).

No que atinxe aos datos epidemiolóxicos, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, especificou que a “incidencia acumulada en Galicia a 14 días é de 73,2 casos por 100.000 habitantes, e de 33,8 na súa evolución a 7 días”, ambas cifras moi por debaixo do que reflicte a media nacional.

Durán puxo en valor que “por terceira semana consecutiva, o número reprodutivo segue a estar por debaixo de un”, un dato positivo que se engade ao feito de que 184 concellos galegos non teñan rexistrado novos casos na última semana. Así, remarcou a grande capacidade que a comunidade galega posúe á hora de realizar probas diagnósticas, apuntando que entre os días 13 e 19 de marzo “realizáronse máis de 1.900 probas por cada 100.000 habitantes en Galicia”.

R., 2021-03-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES