
Así mesmo, subliñou que os derradeiros datos da covid-19 nas localidades de Ribeira, Petín, A Rúa, Dumbría e A Lama, motivaron ao grupo de expertos a establecer unha vixilancia especial sobre a evolución epidemiolóxica destes cinco concellos, malia non acordar, polo de agora, novas medidas para os mesmos.
Garcia Comesaña remarcou que a situación epidemiolóxica en Galicia está a estabilizarse, mais incidiu en que é preciso seguir a cumprir as medidas hixiénico-sanitarias vixentes. Neste senso, aclarou que se as medidas se cumpren dun xeito estrito, as restricións diminuirán, tal e como acontecerá desde esta medianoite, nos oito concellos que pasarán ao nivel 2.
No que atinxe a presión asistencial, o xerente do Sergas, José Flores, salientou que os datos actuais deben ser analizados con prudencia, apelando asemade á responsabilidade individual para continuar mellorando os datos no centros sanitarios galegos. Neste sentido, Flores destacou que a ocupación media das unidades de hospitalización en Galicia descendeu nun 11% durante os últimos 7 días, e nun 3% no referente as camas de críticos.
Respecto da incidencia acumulada nos municipios galegos, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, detallou que a tendencia na nosa comunidade segue amosándose estable con certa tendencia á baixa, apuntando que esta se sitúa en 275 casos por 100.000 habitantes nos últimos 14 días, e en 13480, nas últimas 7 xornadas.
Pola súa banda, os membros do comité clínico, Pedro Rascado, Marina Varela e María Sande, lembraron que é preciso manter unha actitude prudente e cumprir as medidas de contención do virus, poñendo especial énfase na protección das persoas máis vulnerables.
Finalmente, e co gallo do Día internacional para a eliminación da violencia de xénero o conselleiro de Sanidade lanzou unha enérxica mensaxe de repulsa e condena contra calquera tipo de violencia machista.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.