Noticias

Agradecemento da Xunta polo acordo de Alcoa e o Comité de Empresa

A Xunta de Galicia agradece a todas as partes que se sumen á proposta realizada o pasado martes polos gobernos estatal e galego para ampliar o período de consultas do ERE ata o 28 de setembro e, deste xeito, contar con seis semanas máis de prazo para que Alcoa e o grupo Liberty House pechen a operación de compra-venda en San Cibrao. Hoxe, especialmente, este agradecemento é para a comisión negociadora, que entendeu que o camiño para alcanzar unha solución que evite os despedimentos e permita continuar activas as cubas é manterse dentro da senda do diálogo.

Sabendo que son máis as cousas que nos unen que as que nos poden separar, hoxe ábrese unha nova oportunidade. Seis semanas para dar unha solución a un milleiro de familias, entre traballadores da planta de aluminio e das auxiliares.

Agora ben, desde a Xunta apelamos a que todas as partes actúen con responsabilidade. Desde o Goberno galego mantemos o noso compromiso de seguir defendendo un sector estratéxico da nosa economía, de seguir defendendo a única fábrica de aluminio primario activa nestes momentos en España e de colaborar no desenvolvemento dun plan industrial que garanta a viabilidade a futuro da actividade e dos empregos.

Debemos aproveitar esta inercia positiva para buscar puntos de encontro, agardando que o Goberno fixe un marco enerxético estable que favoreza non só un futuro para a comarca da Mariña, senón tamén para toda a industria electrointensiva galega.

É agora ou nunca: seis semanas para traballar desde o primeiro día na procura dunha solución viable e con futuro. Galicia e a comarca da Mariña merécense esta oportunidade.

R., 2020-08-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES