
No marco deste proxecto, preto de 20.000 empregados dos sectores sanitario e sociosanitario que traballaron en primeira liña na loita contra a covid-19 están recibindo unha tarxeta prepago de Abanca con 250, de carácter nominativo, que poden empregar nas máis de 320 empresas e produtos adheridos ata o 13 de decembro. Precisamente, Román Rodríguez, visitou hoxe xunto co presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, un dos negocios adheridos, o hotel Villa Covelo en Poio.
Durante a visita, o responsable de Cultura e Turismo en funcións quixo agradecer o esforzo e implicación das empresas do sector á hora de adaptar os seus establecementos aos requirimentos da actual crise sanitaria. Neste sentido, subliñou que a recuperación do sector turístico é unha tarefa colectiva que precisa a colaboración de todos os axentes implicados.
Efecto multiplicador no sector
Román Rodríguez puxo o Bono Turístico como exemplo de medida que demostra o compromiso do Goberno galego con esta industria, xa que xerará un importante efecto multiplicador desde este verán e ata finais de ano, favorecendo a desestacionalización do turismo. En concreto, solicitaron a súa adhesión a este programa máis de 320 establecementos de aloxamento e axencias de viaxe entre os que se atopa a práctica totalidade dos Paradores da nosa Comunidade, hoteis de cinco e catro estrelas e máis de medio cento de axencias de viaxe.
Tamén figuran máis dunha vintena de establecementos de turismo rural, balnearios e outros emprazamentos singulares como faros, pazos ou semáforos marítimos, conformando unha oferta de calidade e sustentable baseada nalgúns dos principais valores do modelo turístico galego, como son a enogastronomía, a paisaxe ou o termalismo.
Entre as opcións que ofertan aos beneficiarios destacan produtos turísticos ou experiencias que ofrecen un desconto mínimo do 15% sobre o prezo ordinario do servizo, sumando así unha bonificación por parte do propio sector, e compren coas medidas hixiénico-sanitarias adecuadas para garantir a seguridade de traballadores e usuarios. Neste momento son xa 315 os paquetes trísticos incluídos e preto de 200 ofertas rexistradas.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.