Noticias

Novas rutas de 'Cruceiros Costeiros', centradas no Xacobeo 2021 e no mundo fenicio

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, destacou o potencial do turismo náutico á hora de favorecer a diversificación da oferta e contribuír á reactivación do sector turístico, apostando por un modelo sustentable e de calidade que pon en valor a natureza e a paisaxe. Fíxoo tras participar na presentación das novas rutas da iniciativa Cruceiros Costeiros de Galicia, centradas no Xacobeo 2021 e no mundo fenicio. Segundo puntualizou Román Rodríguez, este tipo de iniciativas permiten impulsar produtos e experiencias diferenciadas que, no caso deste proxecto, teñen ademais unha repercusión directa no territorio, ao beneficiar as pequenas vilas e poboacións nas que fan parada as distintas rutas.

Ademais, subliñou as condicións beneficiosas coa que conta o turismo náutico na nosa Comunidade grazas á súa superficie costeira, ás posibilidades de navegación das rías galegas durante todo o ano e á calidade das infraestruturas dos portos deportivos.

O responsable de Cultura e Turismo en funcións destacou a boa acollida dos Cruceiros Costeiros durante o ano pasado, onde foron máis de 5.000 as persoas que participaron nesta iniciativa e máis de 8.500 as axencias de viaxe que ofreceron este produto. Neste sentido, agradeceu á Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+) o seu esforzo á hora de poñer en marcha accións deste tipo, que favorecen a dinamización de axentes do sector turístico como as axencias de viaxes ou os turoperadores.

Apoio á recuperación do sector

Do mesmo xeito, Román Rodríguez subliñou as medidas postas en marcha por parte da Xunta para favorecer a recuperación dos distintos axentes desta industria recollidos no Plan de Reactivación dos sectores Cultural e Turístico. Precisamente, esta folla de ruta inclúe a posta en marcha do programa Galicia destino seguro, con 8 millóns de euros, para impulsar a nosa Comunidade como destino fiable e de calidade a través dunha batería de medidas cos distintos subsectores desta industria.

Entre elas citou a sinatura de convenios coas axencias de viaxe por 300.000 euros para reorientar paquetes xa contratados ou para a creación de novos produtos, así como un acordo cos turoperadores 200.000 euros para a posta en marcha de paquetes turísticos con motivo do Xacobeo 2021.

R., 2020-08-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES